O pasado marzo foi dos máis secos en Galicia nos últimos 40 anos

O resumo climático de AEMET informa de que no Sureste de Galicia só choveu un 20% dos valores normais. Na maior parte de Galicia as precipitacións non chegaron á metade do que é habitual.

Publicidade
O pasado marzo foi dos máis secos en Galicia nos últimos 40 anos

O mes de marzo foi seco ou moi seco en toda Galicia, con zonas do sueste da Comunidade nas que as cantidades recollidas apenas alcanzaron os 2 litros, segundo os datos que ven de publicar AEMET. Pola súa banda, as desviacións das temperaturas con respecto á media non resultaron, en xeral, significativas.

En canto ás precipitacións, houbo zonas do sueste nas cales non se alcanzou o 20% dos valores normais. Así, por exemplo, no observatorio de Ourense recolléronse pouco máis de 2 litros no total do mes, só “superado” nos últimos 40 anos por marzo de 1997, cando se contabilizaron menos de 0.1 l.

As precipitacións máis importantes rexistráronse durante os tres primeiros días. Destaca o día 1 cando en distintos puntos das provincias occidentais se superaron os 40-50 l/m2 en 24 horas, cantidades que supuxeron en moitos casos máis do 50% do total do mes. O número de días con precipitación maior que 1 l varía, no que se refire aos observatorios principais, entre os 0 días de Ourense e os 7 de Lugo e A Coruña, e resulta en todos os casos moi inferior á media.

En canto ao vento, destacar o día 20 cando se superaron, en puntos do litoral da Coruña, os 100 km/h de refacho.

Temperaturas inferiores no Norte e zonas do interior e superiores no resto.

As temperaturas de marzo resultaron inferiores ás normais na metade norte e zonas do interior e superiores no resto da Comunidade, se ben as desviacións con respecto á media non resultan en xeral significativas. As mínimas máis baixas rexistráronse entre os días 14 e 16, con valores por debaixo de -4º C no interior (-5.0 º C en Beariz el día 16) e próximos a 2º C en puntos da costa (2.2 º C en Boiro o mesmo día). As máximas máis elevadas alcanzáronse entre os días 7 e 9, cando se superaron os 25º C no interior (26.3 º C en Ourense o día 9 como máxima absoluta) e, amplamente, os 20º C nas proximidades da costa (23.3 º C en Vigo Aeroporto e 22.2 º C en Boiro, en ambos os dous casos o día 7). Destacar as oscilacións térmicas rexistradas entre os días 5 e 10 que, por exemplo, no observatorio de Ourense chegaron case a alcanzar os 26º C (0º C de mínima e 25.9 de máxima o día 7).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información