Por segunda semana consecutiva e como xa acontecera na Central Agropecuaria de Galicia o martes, o paro nacional dos transportes de mercadorías deixou de novo baleiro tamén o Mercado de gando de Amio (Santiago). Así, durante o mércores, no recinto feiral produciuse un baleiro absoluto nas naves de gando, onde habitualmente se contabilizan preto dunhas 2.000 cabezas de vacún.
Ante esta situación, dende a organización do Mercado do Gando apuntaron que se manterán como referencia para a próxima sesión os prezos da última feira, celebrada o pasado día 9 de marzo.
Esta semana nin sequera se celebrou a reunión da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, cuxos prezos se fan públicos no Mercado. Así, en canto se reactive a actividade no recinto feiral tomaranse como referencia os prezos fixados na última reunión da Mesa, a da semana pasada, celebrada o día 16 de marzo.
Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (9 e 16-III-2022).