
O Parlamento Europeo ven de remitir o acuerdo comercial con Mercosur ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE). Agora será a xustiza comunitaria a que analice se o texto e contido do acordo é de aplicación legal no territorio da UE. Esta decisión do Parlamento paraliza a tramitación e aplicación do tratado ata que o tribunal se manifesta, o que podería tardar ata dous anos.
Con todo, o acordo non queda anulado definitivamente -a Comisión pode aplicalo sen agardar o dictame do TXUE- e os sectores que se consideraban máis ameazados polo mesmo seguen preocupados polas consecuencias que poida ter se se acaba impoñendo. Analizamos as cifras e o posible impacto nos sectores máis vulnerables.
Carne de vacún
Os gandeiros produtores de carne de vacún son dos máis activos en canto as protestas en Galicia contra o acordo comercial entre a UE e Mercosur. Especialmente os da provincia de Ourense. Temen a chegada masiva de carne que incumpra os criterios europeos sanitarios e de manexo e que teña uns prezos moi por baixo dos do mercado español.
O que din as cifras da Comisión Europea é que a UE produce máis de 10 millóns de toneladas anuais. Mentres que a produción de Mercosur ronda os 14 millóns de toneladas, con Brasil abranguendo máis do 75% desa carne.
O acordo establece unha cota de entrada na UE de 99.000 toneladas anuais de carne de vacún a un arancel do 7,5%
O que fai o acordo é conceder a Mercosur unha cuota de 99.000 toneladas -o que significa o 0,7% da súa produción-que entrarían na UE nos primeiros cinco anos do acordo. E cunha clara división entre carne conxelada (45%) e fresca (55%). Námbolos dous casos cun arancel do 7,5%.
Para a carne fresca establécese unha cuota inicial de 54.450 toneladas con 5 anos de período transitorio para acadar esa cifra. Respecto da carne conxelada fíxase un continxente de 44.550 toneladas que tamén se acadarían nun período de 5 anos.
En resumo, a cantidade máxima que se contempla é de 99.000 toneladas anuais a partir de 5 anos da entrada en vigor do acordo. Un 55% para carne fresca e un 45% para carne conxelada. E cun arancel intracuota do 7,5%. Esa cantidade supón entre o 1,2% e o 1,6% do consumo total anual de carne de vacún na UE.
A carne de vacún do Mercosur que contempla o acordo equivale a entre o 1,2% e o 1,6% do consumo europeo
O que non cifra a UE é a cantidade de carne europea que iría a Mercosur xa que, a día de hoxe, so se exportan 340 toneladas anuais, unha cantidade moi cativa. Todos estes datos relativos a carne de vacún están recollidos no texto xurídico do Acuerdo (iTA), dentro do Anexo 2-A (Tariff Elimination Schedule), Sección B: “Tariff Rate Quotas of the European Union”.

As organizacións agrarias sinalan as diferencias de manexo, alimentación e sanitarias entre a carne da UE e a do Mercosur
Nesa liña, a UE en consoancia co que reclaman as organizacións agrarias asegura que “calquera animal vivo, alimento, penso ou produto vexetal que entre en territorio da Unión debe cumprir os requisitos sanitarios e fitosanitarios (SPS) da UE, así como os requisitos de benestar animal. Estes parámetros non son negociables e vanse aplicar a todos os socios comerciais da UE.”
Carne de polo
O da carne de polo é outro dos sectores que amosa a súa preocupación polos efectos do acordo co Mercosur. Jordi Monfort, secretario da interprofesional Avianza, sinala que o acordo é malo non só para os granxeiros e as compañías que forman parte da cadea de valor, senón tamén un mal acordo para os consumidores.”
O que recolle o texto do acordo é que se establece un continxente de 180.000 toneladas de carne de polo que pode chegar á UE anualmente. Tamén neste caso se establece un período transitorio de cinco anos ata acadar ese número de toneladas. Pero, a diferencia do vacún, non se fixa ningún arancel. Esxas 180.000 toneladas equivalen ao 1,35% do consumo de polo na UE.
O acordo co Mercosur fixa que van a entrar na UE arredor de 6 millóns de polos semanais que non se crían na UE. (Jordi Montfort, secretario de Avianza)
España, cun 13% do total, é o segundo país en cantidade de carne de polo producida na UE por detrás de Polonia, co 22%. Dende Avianza e dende a súa homóloga europea AVEC -que agrupan o 95% dos produtores europeos- indican tamén que “o acordo implica a limitación da produción de carne avícola europea, a competencia desleal por parte de mercados exteriores, e a entrada de produtos que incumpren os estándares de calidade europeos e de benestar animal.”

Avianza afirma que a cuota asignada a Mercosur supón a entrada de 300 millóns anuais de polos na UE
Montfort subliñou que en países do Mercosur o enfriamento das canais se fai por inmersión en auga, o que engade un 7,5 % de líquido na carne. Na UE, o enfriamento realízase só por correntes de aire. É decir, non vendemos auga a prezo de carne de polo.” E é que o 25% da peituga consumida en Europa, procede de países terceiros con estas prácticas.
A práctica de enfriamento dos polos sacrificados supón que boa parte dos de Mercosur conteñan un 7,5% máis de humidade. Venden auga a prezo de carne
Dende Avianza indican tamén que “estas 180.000 toneladas adicionais equivalen aproximadamente a 300 millóns de polos ao ano, é decir, uns 6 millóns de polos semanais que non se producirán nos países da UE.”
Apicultura e produción de mel
Os apicultores tamén están fondamente preocupados polos posibles efectos do acordo na produción de mel. De feito, dende a COAG, o seu secretario xeral Miguel Padilla agoiraba a desaparición das 35.000 pequenas e medianas explotacións españolas.
O que establece o texto do acordo é que se fixa unha cota de entrada de mel do Mercosur nos países da UE de 45.000 toneladas anuais. Igual que en vacún e polo, traballarase cunha fase transitoria de 5 anos ata acadar esa cifra total anual. E, neste caso, tampouco se aplicarán aranceis de ningún tipo por baixo desa cuota, cando actualmente están no 17,3%.
Os apicultores levan anos denunciando a entrada de mel chinés a baixo custo e temen outra fronte competitiva no Mercosur
Ese volume de 45 000 toneladas anuais es tan só un pouco menor do 10 % do consumo total de mel na UE, segundo cifras da Comisión Europea. E, sen embargo, é moito maior do que actualmente se importa dende Mercosur, que se situou en 24.000 toneladas no ano 2024.

O mel galego e español levan anos competindo cunhas importacións que van a máis
Dende o sindicato valenciano La Unió, explican que “España é un dos principais importadores de mel dentro da UE, chegando en 2024 ás 35.572 toneladas, cun aumento do 13% sobre 2023. Os países da UE importaron 174.687 toneladas en 2024de miel, por 163.700 en 2023, lo que supone un aumento de más del 6%. Desde 2013 aumentaron as importacións nun 29%, principalmente dende China, Ucrania e Arxentina.”
La Unió indica que “aos países mencionados hai que engadirlles Portugal, que é o noso principal provedor porque realiza un proceso de triangulación: é decir mercan mel chinés a moi baixo custo e revéndeno en España, devaluando o moercado.”
No que coinciden todos as organizacións agrarias en todos os sectores agrogandeiros é que que as cláusulas de salvagarda previstas son difíciles de activar na práctica. Por eso, reclaman que as axudas anunciadas pola Comisión Europea cheguen realmente aos produtores. Para evitar unha perda de produción, un aumento da presión sobre os prezos e o deterioro da competitividade europea.
Reacción da Comisión Europea
Para calmar os ánimos dos sectores máis críticos, a Comisión Europea leva semanas anunciando medidas protectoras e garantistas. Así, O Comisario de Saúde e Benestar Animal, Olivér Varhely, asegura que “se van reforzar os controis de importación para garantir a seguridade alimentaria e a competencia leal”.
O compromiso expresado polo comisario abrangue os seguintes puntos:
• Aumentar ao 50% o número de auditorías realizadas a países non pertencentes á UE durante os vindeiros dous anos, mantendo o nivel de control nos países membros.
• Aumentar ata o 33% as auditorías dos Postos de Control Fronteirizos europeos, para verificar que os Estados membros realizan as inspeccións fronteirizas conforme aos requisitos da UE.
• Desenvolver un seguemento máis rigoroso dos produtos e países que incumpren a normativa, incrementando a frecuencia dos controis segundo sexa necesario.
• Apoiar dende a Comisión aos Estados membros que leven a cabo estes controis adicionais.
• Crear un Grupo de Traballo (Task Force) da UE dedicado a facer máis eficientes os controis de importación, centrándose especialmente en residuos de pesticidas, seguridade de alimentos e pensos, e benestar animal. Considerará accións de monitoreo coordinadas en produtos importados específicos.
• Formación para preto de 500 funcionarios de autoridades nacionais sobre controis oficiais, a través dun programa específico da UE.
• Actualizar as normas sobre a importación de produtos con trazas de pesticidas especialmente perigosos prohibidos na UE, en consonancia cos estándares internacionais actualizados recentemente.
O acordo elimina os aranceis sobre as exportacións da UE, incluidos os produtos agroalimentarios e industriais clave como os automóbiles, a maquinaria e os produtos farmacéuticos, cun aforro para as empresas europeas de 4.000 millones anuais en dereitos.
O documento recolle o obxectivo de máximo acceso á rexión de Mercosur para os agricultores e produtores de alimentos europeos, e agárdase que aumente as exportacións agroalimentarias da UE hacia Mercosur ata nun 50 %. E pon énfase en reducir os aranceis sobre produtos clave da UE, como o viño, as bebidas espirituosas, os produtos lácteos e o aceite de oliva.

A Comisión Europea afirma que a exportación de maquinaria agrícola hacia Mercosur será moi rendible ao reducir o pago de dereitos
Outro compromiso recollido no texto do acordo é o de protexer 344 indicacións xeográficas da UE, e a súa produción de alimentos e bebidas tradicionais de alto valor, fronte á competencia desleal e as imitacións. Ademais, vaise crear un fondo de 6.300 millóns de euros denominado Rede de Seguridade para a Unidade a partir de 2028, que actuará como nivel adicional de protección para gandeiros e agricultores europeos en caso de perturbacións do mercado.
O cultivo de cítricos, cunha produción reducida en Galicia, tamén foi obxecto de debate entre os representantes da UE e de Mercosur. O acordo e establece mecanismos para monitorizar e protexer os produtores europeos se hai distorsións de mercado. E todas as importacións terán que cumprir as normas sanitarias e fitosanitarias da UE, sen que o acordo supoña unha baixada deses estándares.
A Comisión Europea pon o acento tamén nos compromisos en materia de sustentabilidade e coidado do medio ambiente integrados xa no Acordo de París, así como as accións para o empoderamento económico da muller e os dereitos laborais. E tamén o compromiso de traballar a prol da neutralidade climática dende agora ata 2050.
Galego









Control OJD