As XXXVI Xornadas Luis Asorey, que se celebrarán entre os días 17 e 27 de novembro, centraranse nesta edición no sector forestal galego: os retos, as fortalezas, as debilidades e o papel das frondosas. A cita levarase a cabo no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
O evento, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias da man da Universidade de Santiago de Compostela, conta co patrocinio da institución provincial que realiza unha achega económica de 5.000 euros e, ademais, colabora coa difusión do evento que poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
As persoas interesadas en asistir ás diferentes conferencia, que se desenvolverán de 19:00 a 21:00 horas, poden inscribirse.
Programa
17 de novembro: Os retos do sector forestal galego: cambio climático, incendios, moratoria do eucalipto…, a cargo de Antonio Rigueiro Rodríguez.
18 de novembro: Sanidade forestal en Galicia: pragas e doenzas das especies frondosas de interese forestal, impartida por Mª Josefa Lombardero Díaz.
19 de novembro: En bosque pequeno non hai carballos: opcións silvícolas para o carballo en Galicia, a cargo de Roque Julio Rodríguez Soalleiro.
20 de novembro: O proxecto de valorización da madeira de frondosas de Galicia, por Abelardo Nimo Silva.
24 de novembro: O mercado das frondosas para construción en Galicia e Europa, da man de Vanesa Baño Gómez.
26 de novembro: Oportunidades do asociacionismo cara a xestión sostible dos montes. Compensación de Servizos ecosistémicos, de Xosé Covelo Míguez.
27 de novembro: Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas en Galicia, a cargo de José Luis Chan Rodríguez.
Galego









Control OJD