A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“O noso obxectivo é que De Heus sexa a primeira empresa de alimentación animal da Unión Europea”

Entrevista a Jean-François Honoré, novo director xeral de De Heus para España e Portugal

“O noso obxectivo é que De Heus sexa a primeira empresa de alimentación animal da Unión Europea”

Jean-François Honoré, novo director xeral de De Heus para España e Portugal

Jean-François Honoré é desde o 31 de marzo o novo director xeral para España e Portugal de De Heus, a empresa multinacional holandesa propietaria de marcas tan coñecidas para os gandeiros españois como Biona ou Pasaranda.

Falamos con el sobre os obxectivos que se marca para esta nova etapa e como ve a situación dos principais sectores gandeiros.

De onde procede a túa vinculación co mundo da gandaría?
Formeime en biotecnoloxía, agricultura, dereito e economía completando a miña educación na escola de negocios INSEAD. A pesar de interesarme a agricultura, parecíame importante ter unha formación máis completa en materias relacionadas e de interese para o sector.

Antes de incorporarme ao grupo De Heus, entre 2002 e 2006, fun director xeneral do grupo francés Provimi para os mercados de Francia e Suíza e, posteriormente de Asia até 2012. Despois formei parte de Cargill como director de desenvolvemento e xerente de área. Ademais, exercín como vicepresidente da Asociación da Industria de Premezcla Francesa. Como pode verse, a miña vida profesional sempre estivo vinculada a este sector.

En xaneiro deste ano fuches nomeado director xeral de De Heus para España e Portugal. ¿Como asumes esta responsabilidade e en que situación se atopa a compañía no mercado ibérico de alimentación animal?
O prestixio dunha empresa como De Heus, o seu equipo de máximo nivel ou o seu alcance internacional, son algúns dos factores que me motivaron a aceptar este reto que afronto con gran ilusión. É a segunda empresa líder en alimentación animal na Unión Europea, produce máis de 8,4 millóns de toneladas de produtos de alimentación ao ano e máis de 800.000 elabóranse en España. Trátase de cifras moi elevadas que me alentan a motivar ao equipo co obxectivo de axudar a que De Heus sexa a primeira empresa de alimentación animal da Unión Europea.

“O noso obxectivo é que De Heus sexa a primeira empresa de alimentación animal da Unión Europea”

Para nós é importante continuar coa estratexia de crecemento e a implementación de marca en España. Deste xeito, lograremos que o sector da nutrición animal medre e mellore respondendo ás inquietudes da sociedade en materia de seguridade alimentaria, benestar animal e respecto ao medio ambiente.

¿Podes avanzarnos algo dos obxectivos e proxectos que tes previstos para De Heus na Península Ibérica?
O principal obxectivo de De Heus é apostar pola sustentabilidade e por unha produción libre de antibióticos. Por iso, desenvolvemos o proxecto Natural Power, cuxa meta é manter a saúde dos animais optimizando os programas alimentarios mediante a diminución de premezclas medicamentosas. Reducimos non só os antibióticos senón tamén os coccidiostáticos e eliminamos as sulfamidas das nosas fábricas.

Tamén estamos a desenvolver diversos plans de alimentación animal para diferentes especies e etapas de desenvolvemento e crecemento. Entre os nosos proxectos máis importantes podemos salientar o plan ProBigH, para alimentación de nais de porcino; o Plan 360, de recría de años e cabritos; ou Romelko, un programa innovador que, mediante a utilización de catro pensos ensina a comer aos leitóns.

¿Manteranse marcas como Biona ou Pasaranda?
Ambas son dúas das nosas marcas máis fortes polo que non só seguiremos contando con elas, senón que seguimos elaborando plans e estratexias para mellorar a súa produción e comercialización. Son marcas insignia da compañía en España e seguiremos traballando con elas.

¿En que especies gandeiras vedes máis posibilidades de crecemento e de innovación?
O investimento no noso país é de entre 4 e 6 millóns de euros ao ano en centros de produción e capacidade industrial para o mercado de ruminantes, especialmente en vacún de leite e de carne, así como de pequenos ruminantes, ademáis de lacto-reemprazantes. Pero non perdemos de vista o mercado porcino xa que, malia non ser a área que máis beneficio achega, sabemos que é un produto moi comercializado e demandado fóra e dentro de España polo que é importante que non nos desviemos do foco.

Pola túa experiencia profesional, tes unha visión ampla da situación do sector gandeiro a nivel mundial. En concreto no bovino de carne e de leite ¿Como ves a situación do sector en España e en que áreas ves que os gandeiros teñen máis marxe de mellora da súa rendibilidade?
A estrutura do sector vacún de leite mellorou de maneira importe nos últimos anos en termos competitivos. E ao mesmo tempo, vemos aínda máis perspectivas de mellora técnico-económica a través do ámbito nutricional conectado co manexo das fincas. É unha área onde vemos boas oportunidades para propor e adaptar non soamente produtos, pero máis ben solución adecuada que crea valor para o produtor de leite.

 “En vacún de leite hai boas oportunidades de mellora a través do ámbito nutricional conectado co manexo da finca”

En canto ao bovino de carne, temos aínda moita diversidade neste sector entre a produción extensiva, a integración que coñecemos no Nordés do país -Cataluña, Aragón- e os diferentes tipos de carne que se está propondo. Queda unha multitude de oportunidade para que a oferta de carne sexa máis diferenciada por mor das estirpes, modo de produción e manexo de manda para poder crear mais valor neste sector a medio prazo.

¿Preocúpavos que cada vez queden menos gandarías de vacún de leite e que a competencia entre os fabricantes de pensos sexa cada vez maior?
A consolidación dos produtores de leite é unha vía natural que temos que seguir, apoiar e aconsellar para contribuír á sustentabilidade da produción leiteira de maneira xeral.

A competición entre fabricantes de pensos é un tema positivo para o sector agropecuario. É verdade que a profesionalización do sector, a regulamentación, os requisitos mínimos para poder seguir e desenvolver a produción de solución nutricional seguirá un camiño idéntico. Seguirá unha competencia que quereremos proveitosa para o sector agropecuario co propósito de crear valor para a cadea enteira.

De Heus forma parte do sistema de control de calidade dos pensos GMP Galis ¿Como valora esta iniciativa? ¿Estades a implantala noutras fábricas da Península?
É un sistema pioneiro en España para o control das materias primas utilizadas na alimentación animal. GMP.Galis persegue garantir a Seguridade Alimentaria dos pensos comercializados, un dos nosos obxectivos principais de cara ao 2019. É por iso polo que cremos que é unha iniciativa moi importante e necesaria xa que analiza tanto o proceso de elaboración en laboratorio como o resto da cadea de subministración.

Unha pregunta que nos fan todos os gandeiros é como se presentan os prezos do penso para este ano. ¿Que nos podes avanzar, tal e como está o mercado internacional de materias primas?
A volatilidade das materias primas seguirá como un factor constante dos nosos mercados. As tensións entre E.E.U.U. e China xa teñen consecuencia en termos de prezos dalgúns macro ingredientes. A predición é moi difícil.

“A volatilidade das materias primas seguirá como un factor constante dos nosos mercados”

Vemos, por outra banda, sectores que terían unha mellor valorización para os próximos meses (mesmo pode ser un par de anos) como o sector porcino. A nosa meta está clara neste ámbito: a nosa competitividade defínese pola nosa capacidade de mellorar os resultados económicos dos nosos clientes. Os adiantos tecnolóxicos, así como a proximidade dos nosos expertos aos produtores teñen que ser a mellor resposta á volatilidade dos ingredientes para seguir mellorando o desenvolvemento económico dos nosos clientes.

Algo máis que queiras engadir?
Querería soamente engadir que o grupo De Heus comprométese de maneira factible á sustentabilidade da produción de proteína como un tema de primeira importancia. O ano pasado no pouco que facemos de pensos medicamentosos baixo control veterinario, logramos reducir aínda máis do 30% a cantidade de medicamentos usados.

Acabo este intercambio agradecendo aos nosos cliente a confianza depositada no noso equipo e renovando o noso compromiso para seguir propóndolles innovacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *