“O noso futuro roubado”, manifesto da cooperativa gandeira VerínBiocoop. S.C.G, ante os lumes forestais

VERIN BIOCOOP vianesa3Dende a cooperativa VerinBiocoop S.C.G. queremos manifestar a nosa maís profunda preocupación e solidaridade coa nosa xente, que está a sufrir unha traxedia de devastación sen parangón na provincia de Ourense.

A nosa principal aportación e singularidade consiste en traballar con razas de vacuno ancestrais en perigo de extinción en gandeirias ben dimensionadas e ben extensificadas, baixo o método ecolóxico que permiten facer unha labor inmaterial a sociedade, impagable, eliminando de forma preventiva moito material combustible no sotobosque e na arboreda que reduce sobremaneira a aparición de lumes. Temos maís de 2000 vacas en maís de 4000ha.

A repercusión de esta vaga nas nosas gandeirías foi pequena. Por experiencia actual e pasada sabemos que este é o modelo a seguir para a Galiza interior. Dende un coñecemento empírico e dende uhna visión holística do noso territorio queremos argumentar ideas e despois propor solucións que poidan dar resposta a esta realidade agobiante que se repite ano tras ano e que hipoteca o futuro do medio rural galego e das suas xentes, xa escasas:

O cambio climático global, e unha realidade indiscutibel, contrastable porque o sufrimos, é científicamente demostrable, está a incrementar os procesos de desertificación e falla dos recursos hídricos no noso terruño.

O sistema actual de xestión do territorio…forestal, agrario e gandeiro, tanto estatal como autonómico está caduco. O abandono sistémico do rural dende hai 50 anos produxo desequilibrios que temos que acometer e resolver.

A producción intensiva nesta provincia está a incrementar os problemas medioambientais e sanitarios …nula xestión do territorio, mala xestión dos residuos, contaminación das augas, terras, capas freáticas e emisión de gases de efecto invernadoiro a atmósfera.

A excesiva normativización e burocracia da nosa actividade agraria e gandeira é un quebradeiro que non axuda o medio rural. Hai que simplificar e facilitar o seu cumprimento, cada vez maís farragoso. Necesitamos más vida nos nosos campos e menos burocracia e tecnoloxía.

PROPOMOS:

Unha reforma estructural do sertor primario galego, inmerso en un proceso de abandono e despoboamento endémico dende décadas que está a producir a morte paulatina do noso medio, a proliferación brutal dos lumes na Galiza interior que acentúa e agrava o cambio climático xa existente. A solución maís axeitada, o noso entender, é meridiana: Revivifiquemos os nosos campos con vida animal, con herbívoros…vacas, cabalos, ovellas, etc, en libertade, en gandeirias extensivas que contribuan, mediante o efecto rebaño e con criterios rexenerativos a limpeza de zonas críticas, que hoxe simplemente son material combustible. É a única aposta viable de futuro.

Teremos que impulsar un cambio paulatino das gandeirias sen terra a un modelo de gandeirias autóctonas extensivas que ocupen una boa parte do territorio baldío, desocupado, improductivo que revirta unha función, climática, pasaixística tan necesaria e vital como productiva. As primeiras contaminan, son parte do problema e non da solución, e as segundas coidan do noso mundo rural, do planeta terra, e coidan de nos como sociedade e como persoas.

Teremos que abordar o uso e a tenencia da terra para pola a disposición e fomentar iniciativas de quen queira traballala. É necesario, como antaño, volver a paisaxes de moisaco que conviven praderías, arboreda, monte baixo e sotobosque, buscando a rexeneración, o equilibrio e a resilenza ante os novos paradigmas climáticos. Deberemos reducir drásticamente os cultivos pirófitos (Piñeiro, eucalipto,…)e cambialos por frondosas propias do país…carballos, castiñeiros,…etc, e minimizaremos a virulencia dos lumes.

Teremos que repensar un novo sistema de control e extinción dos lumes, porque o actual revelouse totalmente ineficaz nesta derradeira vaga. Deberemos apagar os lumes, antes de producirse, no inverno e na primavera mediante rozas, desbroces e lumes controlados naqueles paraxes maís críticos e maís necesitados. Crearemos emprego no rural todo o ano, e aforrariamoslle moitos cartos as arcas públicas, que se “queiman todos os veráns”.

Dende un punto de vista técnico e administrativo que nos afecta moi directamente na viabilidade futura das nosas gandeirias asociadas,

SOLICITAMOS:

1. A derogación e/ou a máxima flexibilización dos requisitos e compromisos dos solicitantes da pac-dr 2023-2027 afectados polos lumes.
1.1. Gandeiros con base territorial de pastoreo. Non excluir os recintos/parcelas queimadas indeferentemente de si son: PR, PA, PS, ou TA, particulares ou de MVMC. Que siga considerandose a efectos PAC parcelas elexibles.
1.2. Anulación da carga gandeira mínima e máxima.
1.3. Eximir os gandeiros do permiso de pastoreo para aproveitar as parcelas queimadas despois do seu rebrote, que se faga de oficio para todas as gandeirias dos concellos con constancia de afección.

2. Apicultura. Exención do cumplimento dos requisitos e compromisos para ser beneficiarios das axudas da PAC-DR 2023-2027.
2.1. Número de colmenas comprometidas: Considerar como elexibles as colmenas mortas a causa dos incendios.
2.2. Distanza entre apiarios: flexibilizar a distancia entre apiarios par permitir a reubicación das colmeas que quedaron vivas dos apiarios afectados directamente, o no seu entorno, xa que non teran alimento a disposición no seu entorno natural en varios anos.

3. Agricultura, exención, tamén, para os cultivos leñosos: viñas, castaños, mazairas,…dos requisitos e compromisos da PAC/DR 2023-2027. Especialmente estos cultivos son irrecuperables nos anos que quedan do actual periodo PAC.

4. Que as posibles axudas que salgan por parte do estado ou a autonomía sexan compatibles cas indemnizacións dos seguros.

5. Que se eximan de impostos aquelas parcelas que sexan cedidas ou alugadas a todo tipo de productores (agricultores, gandeiros, apicultores,…) para fomentar a cesión de terreo ainda potencialmente productivo, e así poder recuperar as unidades productivas o maís asiña posible.

COMO COLOFÓN:

So somos un eslabón, e estamos a romper a cadea da vida. Se non actuamos “xa” deixaremos unha herdanza envelenada para os que nos van a seguir. “Xa, é agora, para procurar un maña”.

Fdo: Jose Luis Vaz
Presidente VerinBiocoop S.C.G

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información