O Ministerio incrementará as axudas para compra de maquinaria agrícola

O Ministerio incrementará as axudas para compra de maquinaria agrícola

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, avanzou hoxe, durante a súa visita á Feira Internacional de Maquinaria Agrícola FIMA 2020 de Zaragoza, que o Goberno incrementará nos próximos Orzamentos Xerais do Estado para 2020 a partida para financiar o Plan de Renovación do Parque Nacional de Maquinaria Agrícola (Plan Renove) por riba dos oito millóns de euros.

Co Plan Renove 2019, dotado con 5 millóns de euros, concedéronse un total de 558 subvencións para un investimento total en compra de maquinaria que superou os 18 millóns de euros (a subvención supuxo un 27,5% do total do gasto).

De maneira paralela, o ministro apuntou que se vai establecer unha nova liña de avais da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA), dependente do ministerio, para facilitar os créditos de compra e de modernización de maquinaria.

Así mesmo, o Ministerio modificará o real decreto sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola (ROMA) para introducir melloras nalgún dos seus apartados e adaptalo aos novos obxectivos relacionados coa maquinaria, para actualizar o censo de maquinaria agrícola en uso de España e crear unha marca de calidade onde incluír a aqueles tractores que fosen clasificados como A, B ou C de acordo á súa eficiencia enerxética.

Non haberá cambios na fiscalidade do gasóleo agrícola

De igual forma, Luís Planas asegurou en declaracións aos medios que “o Goberno está disposto a que o réxime fiscal (módulos) para o campo permaneza durante o próximos catro anos”. “Ademais, o gasóleo agrícola gozará durante toda a lexislatura das mesmas bonificacións que ten actualmente, co obxectivo claro de defender os intereses de agricultores e gandeiros”, subliñou.

O ministro tamén apuntou a intención do Goberno de propor un aumento da partida dos Orzamentos Xerais do Estado para financiar os seguros agrarios en, polo menos, un dez por cento.

Por último, o ministro avanzou que o Goberno vai ofrecer dúas liñas de axudas concretas para o sector agrario e gandeiro: unha para a mellora da eficiencia enerxética nas explotacións de rega e explotacións agrícolas, cun orzamento de 30 millóns de euros, e unha segunda para o fomento do autoconsumo e uso de enerxías renovables, cunha dotación orzamentaria de 30 millóns de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información