O Ministerio de Agricultura convocará axudas por 1,5 millóns de euros para as gandarías de titularidade compartida

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación anuncia que ultima a publicación dunha nova convocatoria de axudas para as explotacións agrarias e gandeiras de titularidade compartida que estarán dotadas cun orzamento de 1.500.000 euros, o que supón un incremento do 50 % con respecto ás convocadas no ano 2021, na súa primeira edición. Está previsto que a convocatoria se publique a finais do mes de abril.

Esta liña de subvencións, que se regulan polo Real Decreto 819/2021, de 28 de setembro, púxose en marcha en 2021 co obxectivo de axudar ás explotacións agrarias e gandeiras de titularidade compartida a facer fronte ao pago de parte das cotas á Seguridade Social. Na primeira convocatoria recibiron estas axudas 729 explotacións, o 80,64 % do total das que  potencialmente podían beneficiarse, ás que correspondeu un importe medio de 1.371,74 euros.

A medida ten por obxecto incentivar que as mulleres, que comparten tarefas agrícolas en explotacións familiares, participen en igualdade de condicións nos dereitos e obrigacións que lles corresponden polo seu labor profesional, segundo o real decreto polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa das subvencións ás explotacións agrarias de titularidade compartida.

Poden acceder a estas axudas as entidades que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Titularidade Compartida do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (RETICOM) polo menos un mes antes da data da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), que está prevista a finais de abril. As explotacións beneficiarias deberán permanecer inscritas neste rexistro polo menos cinco anos e os seus titulares inscritos na Seguridade Social durante idéntico período.

Trátase de axudas de concesión directa, non suxeitas a concorrencia competitiva dos solicitantes, e con contía máxima anual de 1.500 euros por explotación beneficiaria. Pódese obter máis información sobre as características destas axudas na páxina web do ministerio na seguinte ligazón: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/igualdad_genero_y_des_sostenible/titularidad_compartida/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información