O Ministerio de Agricultura convoca os cursos de emprendemento no medio rural

Impártense online, son gratuítos, e están dirixidos a todos aqueles emprendedores que teñan interese en desenvolver o seu proxecto empresarial no agro

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través da Rede Rural Nacional (RRN), puxo en marcha tres novas edicións dos cursos online de “Emprendimiento en el medio rural”. Están dirixidos a todos aqueles emprendedores que teñan interese en desenvolver o seu proxecto empresarial no medio rural, e son completamente gratuítos.

As persoas interesadas nestas accións formativas obterán información básica sobre os pasos a seguir para emprender, aprenderán a desenvolver o seu plan de negocio, adquirirán nocións sobre comunicación, cooperación e xeración de sinerxías con outras iniciativas; e desenvolverán competencias para pór en marcha o seu proxecto empresarial.

Os cursos, impartidos por profesionais cunha ampla experiencia no mundo empresarial, do emprendemento e da comunicación, estrutúranse en catro módulos, cada un deles dunha semana de duración. Como novidade, neste ano, ENISA participará como entidade que apoia proxectos empresariais innovadores, a través das súas diferentes liñas de financiamento.

Nesta nova convocatoria,  a 5ª, 6ª e 7ª edición celebraranse nas seguintes datas:

·      5ª edición: Do 21 xuño ao 13 de xullo de 2022.
·      6ª edición: Do 28 de xuño ao 21 de xullo de 2022.
·      7ª edición: Setembro de 2022 (aínda por determinar os días).

O período de inscrición para os dous primeiros cursos xa está aberto, e finalizará, para ambas as edicións, o 15 de xuño ás 23:59h. As persoas interesadas poden consultar o programa e realizar a súa solicitude de inscrición a través dos espazos habilitados na web da Rede Rural Nacional para a 5ª edición e a 6ª edición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información