O Ministerio de Agricultura convoca as axudas do Plan Renove de maquinaria agrícola 2022

Conta cun orzamento de 6,55 millóns de euros para dúas liñas de axudas: unha de 2 millóns para a adquisición de maquinaria de sementeira directa e outra de 4 millóns para o resto de maquinaria subvencionable. Os interesados poderán presentar as solicitudes entre o venres, 15 de xullo, e o 15 de setembro de 2022, ambos inclusive

O Ministerio de Agricultura convoca as axudas do Plan Renove de maquinaria agrícola 2022

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) do pasado sábado un extracto da orde de convocatoria de axudas correspondentes ao Plan de renovación do parque de maquinaria (Plan Renove) 2022, que conta cun orzamento de 6,55 millóns de euros para dúas liñas de axudas: unha dotada con 2 millóns de euros para a adquisición de maquinaria de sementeira directa e outra de 4 millóns para a renovación do resto de maquinaria, tractores e automotrices subvencionables. 

Segundo establece a orde, se unha vez esgotado o prazo de presentación de solicitudes quedasen fondos dispoñibles en calquera das dúas liñas, poderanse utilizar para satisfacer a lista de espera. 

A convocatoria deste ano é a primeira que se publica baixo as novas bases reguladoras, aprobadas en novembro de 2021, que recolle unha serie de novidades como o aumento do total das axudas e das contías base, para atender as prioridades do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nos ámbitos da eficiencia enerxética, a seguridade no traballo, a mitigación dos efectos do cambio climático e a redución de emisións de gases contaminantes.

Así mesmo, as bases amplían a posibilidade de subvencionar a adquisición de máquinas trituradoras de residuos de colleita e poda, e os equipos automotrices de manipulación e carga.

Tamén se admiten outros sistemas financeiros para a adquisición da maquinaria,  como o leasing ou renting, cada vez máis frecuentes entre agricultores e gandeiros.

Os interesados poden ir adquirindo a máquina pola que queiran pedir subvención, inscribíndoa no ROMA e realizando todos os trámites pertinentes. Poderán presentar as solicitudes entre o venres, 15 de xullo, e o próximo 15 de setembro, ambos inclusive. Toda a información do Plan Renove 2022 está dispoñible na páxina Web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, na seguinte ligazón:

https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/temas/medios-de-produccion/maquinaria-agricola/ayudas/ayudas_renovacion_de_maquinaria/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información