O Ministerio de Agricultura convoca as axudas do programa Cultiva 2024 para estadías de mozos en exlotacións agrogandeiras

As estancias formativas terán lugar en explotacións modelo durante 2024 e 2025 con un orzamento de 1,2 millóns de euros

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación anunciou hoxe, mediante a súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), a convocatoria de subvencións destinadas ao programa Cultiva. Este está deseñado para organizar estancias de formación práctica para xóvenes agricultores e gandeiros en explotacións modelo durante os anos 2024 e 2025.

Dotado cun orzamento de 1,2 millóns de euros, o programa Cultiva propón estancias formativas de entre 5 e 14 días que buscan promover a transferencia de coñecemento e a capacitación práctica dos xóvenes profesionais do sector agrario. Estas actividades están previstas para comezar a finais deste ano e continuarán ata o 31 de xullo de 2025.

As entidades representativas do sector agrario interesadas en participar neste programa poden presentar as súas solicitudes ata o 31 de maio incluído.

Poden participar as organizacións profesionais agrarias de carácter xeral e ámbito estatal, así como calquera entidade, asociación e organización representativa do sector agrícola e/ou gandeiro de ámbito nacional sen ánimo de lucro.

As entidades deberán acompañar a súa solicitude cun plan de estancias formativas que inclúa as explotacións modelo de acollida e as estancias programadas en cada unha delas. O conxunto de plans conformará o Catálogo de Estancias Formativas de 2024.

Os xóvenes interesados en participar poderán presentar a súa solicitude no mes de xullo. Na asignación das estancias formativas darase prioridade aos xóvenes recentemente instalados, ás mulleres agricultoras e gandeiras e áqueles que non participaron no programa en convocatorias anteriores.

O programa está deseñado para ofrecer a mulleres e homes agricultores e gandeiros xóvenes a oportunidade de coñecer o desenvolvemento dunha explotación agraria viable. Do mesmo xeito, adquiren e consolidan novos conceptos técnicos e de xestión aplicables na súa explotación de forma práctica e interactiva.

Durante o programa, é fundamental coñecer como se xestionan as explotacións, que modelos existen en España, a importancia das cooperativas no sector, ademais da relevancia das novas tecnoloxías e a dixitalización no sector agro.

Toda a información sobre o programa Cultiva está dispoñible neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información