O Ministerio de Agricultura abre a inscrición no curso de produción ecolóxica

O taller impartirase mediante aula virtual en horario de mañá e o prazo para rexistrarse finaliza o venres 25 de abril

Publicidade

HORTA_ECOCELTAO Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación celebra entre os días 5 e 8 de maio un curso de produción ecolóxica, iniciativa enmarcada no “Plan de Formación continua 2025 para técnicos do medio rural” e que se impartirá mediante aula virtual en horario de mañá de 9 a 15 horas. O prazo de inscrición xa está aberto e finaliza o venres 25 de abril.

O curso vai dirixido a asesores de explotacións en activo e profesionais con interese en desenvolverse no campo da produción ecolóxica, como agricultores, persoal de oficinas comarcais agrarias, organizacións profesionais agrarias, cooperativas ou similares, así como a técnicos que traballan en distintos ámbitos do medio rural.

Os obxectivos principais desta formación van desde mellorar a capacitación en materia de bio produción dos profesionais que traballan de maneira directa co sector agrario, a ofrecer unha panorámica das implicacións e potencialidades da transformación a ecolóxico, tanto para os asesores a explotacións, como para os agricultores que teñan este interese.

Durante o seu desenvolvemento, abordaranse aspectos como a situación da produción ecolóxica a nivel nacional, europeo e mundial; os principios deste tipo de produción (manexo do chan, técnicas de cultivo, técnicas de pragas e enfermidades); o proceso de conversión; os sistemas de control e a certificación, así como a produción bio no Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-27 ou a comercialización.

Inscricións

As persoas interesadas no curso poden realizar a inscrición ata o venres 25 de abril a través da ligazón correspondente no calendario do Plan de Formación 2025, dispoñible na páxina web do ministerio.
Ademais de tratarse dun curso en liña, as gravacións e presentacións estarán dispoñibles as 24 horas a través da plataforma de teleformación ao dispor do alumnado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información