“O metano xerado polo vacún de carne forma parte dun ciclo circular”

Provacuno, a Interprofesional de vacún de carne, presenta un vídeo elaborado con científicos no que desmonta o mito do gando como causante do cambio climático

Provacuno, a interprofesional da carne de vacún, presentou no marco da feira Meat Attraction o vídeo ‘Carbono Bioxénico’, un traballo realizado coa axuda dos científicos da Rede Remedia: Fernando Estellés da Universidade Politécnica de Valencia; David Yañez do Consello Superior de Investigacións Científicas (CISC); e Agustín del Prado, del Basque Center for Climate Change (BC3).

O vídeo é unha mostra de como as emisións de metano xeradas polo sector do vacún de carne forman parte dun ciclo natural que, a diferencia doutros gases, permanece na atmosfera durante 12 anos para transformarse en CO2 e volver a ser absorbido polas plantas, que despois van ser consumidas polos propios animais. Este vídeo forma parte do compromiso do sector por informar sobre as accións que está realizando a cadea de valor do vacún de carne, avanzando cara a neutralidade climática en 2050.

A diferenza dos gases emitidos pola gandería, o CO2 procedente dos combustibles fósiles permanece na atmosfera durante centos de anos, producindo un efecto acumulativo e xerando un quecemento global. Deste xeito, Provacuno aproveitou a súa participación na feira Meat Attraction para presentar este vídeo e avanzar na posta en marcha dun código de boas prácticas medioambientais no sector do vacún de carne.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información