O mercado de carbono e a oportunidades para o sector forestal galego, a debate o día 24 en Lugo

O vindeiro 24 de novembro celebrarase no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo unha xornada técnica sobre “O quebracabezas do mercado do carbono e o sector forestal”.

A xornada está organizada polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria da Consellería do Medio Rural e nela intervirán expertos a nivel galego, español e europeo. Nas ponencias afondarase na vinculación do mercado de carbono co sector forestal e os retos e oportunidades que pode representar para o monte en Galicia. Neste sentido, preténdese iniciar a colocación das pezas básicas deste quebracabezas a través do persoal experto que está a traballar nesta materia.

As inscricións poden realizarse enviando un email a xbruna@xunta.gal ou chamando ao teléfono 982 828 620

XT_Carbono_nov_22

Esta acción está aprobada dentro do plan de transferencia ao agro galego de AGACAL/Medio Rural co número de protocolo 2022/142.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información