O Mercado de Amio segue á baixa e viu reducida a afluencia de gando nun 3% no 2024

Vacun maior Mercado de amioO Mercado Nacional de Gandos de Amio, en Santiago de Compostela, ven de presentar a súa memoria anual correspondente ao ano 2024, do que se desprende unha baixada da actividade tanto en valor como en afluencia de gando, unha tendencia que comezou no 2017.

En concreto, durante o ano 2024 rexistrouse unha afluencia total de gando ao recinto feiral compostelán de 77.868 reses. A maior parte deste total corresponde ao gando vacún, que suma 77.080 cabezas: 65.894 de vacún menor, 3.543 de mediano e 7.643 de vacún maior de abasto e para vida. As restantes 788 reses son de gando equino (746) e de ovino e caprino (42).

Se comparamos estas cifras coas de 2023 resulta que a concorrencia total de gando deste ano foi inferior á do 2023 en 4.865 reses, o que representa unha diminución do 3,06 %. Distribuída esta cantidade por tipos de gando, vemos que a afluencia de vacún diminuíu un 3,06 % (4.865 reses menos). A concorrencia de gando equino foi algo inferior á do ano pasado (35 reses menos; unha vez máis, non houbo afluencia de gando porcino, e respecto do gando ovinocaprino, que adoita concorrer tamén ás feiras equinas, a concorrencia total foi de 42 reses (21 menos que o ano pasado).

Captura de pantalla 2025-05-02 115934 Captura de pantalla 2025-05-02 120149

Polo que atinxe ao valor económico da actividade gandeira comercial, este ano alcanza a cifra global de 33.718.639 €, cantidade inferior á do 2023 en 983.857 €. O volume económico da actividade predominante no mercado –comercio do gando vacún-, chegou a 32.664.562 €, cantidade inferior á do ano 2023 en 983.857 €.

Descarga aquí a memoria do Mercado de Amio do 2024

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información