O mercado de Amio mantén os prezos da semana pasada en todas as categorías de gando

FOTOS AMIO-41

Na sesión deste mércores, 8 de abril, no Mercado Nacional de Gando de Amio mantivéronse os mesmos prezos da sesión anterior en todas as categorías e calidades de gando vacún que asistiron ao recinto compostelán.

Así, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne. Na última xornada, baixaran os prezos en 0,03 € logo de varias semanas de subas.

Respecto do gando vacún de recría e o mediano e o maior de matadoiro que acudiu esta semana a Amio, a enquisa realizada entre os usuarios do recinto feiral arroxou que tamén se mantiveron os prezos da xornada previa.

Nesta sesión do 8 de abril a asistencia de gando foi de 1.637 reses, 320 más que á do pasado 25 de
marzo. Compre lembrar que non se tomou como referencia a do 1 de abril por ser véspera de festivo e apenas acudir animais.

En total houbo 1.484 cabezas de vacún menor (317 máis que na sesión anterior); 68 de vacún
mediano (36 máis que na sesión anterior) e 85 de vacún grande (33 reses menos que nasesión do 25 de marzo).

Pódense consultar as cotizacións completas no seguinte documento:

COTIZACIONS AMIO 8-4-26

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información