O mellor gando vacún e cabalar darase cita na Fonsagrada o 6 e o 8 de setembro

O Concello retoma a celebración desta cita anual, que tivera que ser suspendida no 2024 por mor do avance da EHE na montaña de Lugo. Haberá premios aos mellores exemplares e subasta de xovencas de Acruga

poxa acruga fonsagrada 2025A Fonsagrada volverá ser na primeira fin de semana de setembro o epicentro gandeiro da montaña de Lugo e Asturias coa celebración do Concurso-Exposición de Gando Vacún, que chega á súa edición número 49, e o Concurso de Gando Cabalar, Mular e Asnal, que cumpre 32 anos. 

O Concello retoma a celebración destas dúas citas imprescindibles do calendario gandeiro despois de que o certame de gando vacún tivera que ser suspendida o ano pasado polo avance da enfermidade hemorráxica epizoótica na zona

Os dous concursos, tanto o do sábado 6 como o do luns 8, terán lugar no recinto do mercado gandeiro da localidade. Para evitar os posibles riscos sanitarios, a organización estableceu un regulamento sanitario, de maneira que só poderán acceder ao pavillón cuberto aqueles animais que cumpran cos requisitos establecidos, entre eles a realización de probas diagnósticas, mentres que o resto de animais permanecerán nunha zona habilitada na explanada de fóra. 

As razas de gando que se valorarán serán a rubia galega e a asturiana de los valles e poderán concorrer tanto produtores de Galicia coma de Asturias. Haberá grandes premios en metálico e trofeos cedidos polas entidades e casas comerciais colaboradoras. Haberá tamén axudas ao transporte do gando. Ás 12 da mañá celebrarase tamén a poxa de xovencas de Acruga. 

Os certames de gando enmárcanse dentro do programa das festas patronais da Fonsagrada

En canto á feira cabalar do luns 8, valoraranse os mellores exemplares de cabalos e eguas do país, pura raza galega e asturcón, así como animais cruzados, percheróns bretóns, póneis, mulas e burros. Haberá un premio especial ao mellor exemplar da zona e as probas morfolóxicas serán na Praza do Concello. 

Os certames de gando vacún e cabalar coinciden coas festas patronais da Fonsagrada, que se celebran en honra de Santa María, que contan cun completo programa de actuacións musicais e outras actividades

A Fonsagrada, o municipio máis extenso de Galicia, ten na gandería de vacún de carne en extensivo a súa principal actividade económica, xunto con tres empresas que transforman produtos derivados do porco. Para apoiar a estes dous sectores, ademais dos concursos do mes de setembro, o Concello organiza ao longo do ano outra serie de citas, como a recuperada Feira de San Marcos na primavera ou a Feira do Butelo no inverno. 

GANDO2025.cdr

CABALO2025.cdr

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información