O Mel de Quiroga, un dos de máis calidade de Galicia, celebra este sábado a súa festa

O Mel de Quiroga, un dos de máis calidade de Galicia, celebra este sábado a súa festa

O concello lucense de Quiroga celebra este sábado, 10 de agosto, a Mostra do Mel de Quiroga, que nesta ocasión chega á súa edición número 28. e que coincide coas súas Festas do Verán 2019.

Apicultores locais porán á venda mel e outros produtos apícolas, procedentes dun entorno único, como son os montes do Courel, cunha mestura de vexetación atlántica e mediterránea, que proporcionan unhas características diferenciadas ao mel da zona.

O venres día 9 de agosto, ás oito e media, na Casa da Cultura de Quiroga, terá lugar o sorteo de postos de venda e a entrega das credenciais aos oito apicultores participantes. Na mostra participan apicultores de diferentes puntos do municipio: A Ponte – Rodela, As Estradas, Paradapiñol, Centeais, O Ibedo, Quiroga, Sequeiros e San Vitoiro.

Os postos de venda, emprazados na Rúa Real, estarán abertos ao público dende primeiras horas da mañá do sábado e a maiores do mel e outros produtos apícolas como xelea, própole e pole. Tamén se poderán adquirir outros produtos típicos da zona. A inauguración oficial do recinto feiral será ás doce do mediodía.

As especiais condicións climatolóxicas do Concello de Quiroga determinan unha rica e variada flora que permite a produción das distintas variedades de mel como o mel multifloral ou monofloral, especialmente o de castiñeiro ou o de queiruga. A excelente calidade deste mel queda patente en que un 80% da produción total está considerado como mel ecolóxico.

Ao longo da mañá, o recinto feiral estará amenizado polo grupo local de gaiteiros “Os do Recanto”

Programa das Festas do Verán de Quiroga:

festas-do-veran-xxviii-mostra-do-mel-quiroga_img2777n1t0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información