O lucense Daniel Ferreiro Otero, novo presidente da InLac

A Organización Interprofesional Láctea (InLac) celebrou hoxe a Asemblea Xeral na que se elixiu a Daniel Ferreiro Otero como presidente da inteprofesional

O lucense Daniel Ferreiro Otero, novo presidente da InLac

Daniel Ferreiro, director xeral da Cooperativa Aira, elexido este mércores novo presidente da Inlac.

O lucense Daniel Ferreiro Otero acaba de ser elixido novo presidente da Organización Interprofesional Láctea (Inlac), durante a asamblea xeral celebrada esta mañá en Madrid. Ferreiro asume o cargo en representación de Cooperativas Agro-alimentarias de España.

Daniel Ferreiro é fillo de gandeiros e conta cunha ampla traxectoria en diferentes ámbitos de responsabilidade do cooperativismo agroalimentario. Actualmente, compaxinará o novo cargo, entre outras responsabilidades, coa presidencia do Consello Sectorial de Leite e Alimentos Lácteos de Cooperativas Agroalimentarias de España e o seu labor como director xeral na cooperativa AIRA.

Ademais do cargo de presidente, renovouse o resto da xunta directiva que exercerá as súas funcións durante os próximos dous anos. Ignacio Elola, da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil), ostentará a vicepresidencia primeira; Rosario Arredondo, da Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG), a vicepresidencia segunda; Román Santalla, de Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos (UPA), a secretaría, e Ramón Artime, da Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores (Asaja), a tesourería.

Junta Inlac miembros

A nova directiva da Inlac, esta mañá durante a asemblea.

O novo presidente de InLac destacou e recoñeceu o traballo realizado polo seu predecesor no cargo, Ignacio Elola, durante estes dous últimos difíciles anos, marcados pola pandemia, o inicio da invasión de Ucraína e importantes problemas de sustentabilidade económica e social do sector lácteo. A pesar deste complicado contexto, InLac impulsou campañas de promoción a nivel nacional e internacional.

Retos da nova directiva

O novo presidente de InLac chega ao cargo consciente do momento crucial que vive o sector lácteo, que obriga a todas as organizacións da interprofesional a colaborar e implicarse na procura de estratexias e accións que contribúan ao mantemento do tecido social e empresarial do sector lácteo.

O mandato da nova xunta directiva, que agora dá comezo, coincide coa entrada en vigor da nova Extensión de Norma e que marcará en gran medida as liñas de traballo que desenvolverá a interprofesional durante o mesmo. 

A promoción dos alimentos lácteos españois dentro dunha dieta saudable, sostible e socialmente responsable seguirá sendo unha das liñas fundamentais da interprofesional. Poñendo en valor as propiedades nutricionais e os beneficios que achega para a saúde tomar polo menos tres lácteos ao día, de acordo coa evidencia científica, as principais guías de alimentación e a Fundación Española da Nutrición.

Ademais, neste novo período, quere poñerse aínda máis en valor o traballo das familias que viven deste sector, o seu papel no mantemento do tecido social e económico do medio rural e a súa importancia na sustentabilidade ambiental dos nosos campos. InLac seguirá profundizando na difusión de alimentos lácteos de vaca, ovella e cabra, para promocionar o seu consumo e promover actuacións que faciliten unha información axeitada e veraz.

O sector lácteo tradicionalmente sufriu unha falta de rendibilidade que reduciu moi significativamente o número de gandeiros e pon en perigo a supervivencia de cooperativas e empresas lácteas. Por iso, a vertebración sectorial será fundamental para asegurar o futuro das familias e as empresas ligadas a este sector. En España hai máis de 19.800 persoas gandeiras dedicadas á produción do leite e máis de 1.500 centros autorizados para a recollida e transformación de leite, que xeran máis de 30.000 empregos. Para lograr este obxectivo, desde a nova presidencia buscan favorecer o diálogo dentro da interprofesional, entre as organizacións membro, e fóra da interprofesional, por exemplo, coa distribución e a administración, co fin de chegar acordos de utilidade para o sector, de promover a súa sustentabilidade e protexer ás familias que viven do mesmo.

Nesta nova etapa a Presidencia ten como obxectivo achegar máis a interprofesional ao sector, trasladar o traballo que se está realizando en prol do sector grazas á cooperación das organizacións ASAJA, COAG e UPA, FENIL e Cooperativas Agro-alimentarias de España, e ao equipo da propia InLac, ás familias e ás empresas que fan posible e que contribúen para que siga funcionando.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información