O leite Únicla de Feiraco recibe un premio internacional polo seu sabor

Publicidade
O leite Únicla de Feiraco recibe un premio internacional polo seu sabor

O leite Únicla, da cooperativa Feiraco, suma un novo recoñecemento na súa variedade enteira. Trátase do Premio á Excelencia no International Taste Award 2017, obtendo a máxima puntuación, tres estrelas, que a define como
un produto de “sabor excepcional”.

A variedade Enteira de Únicla revalida así a distinción obtida en 2015 e que se suma ás merecidas polas variedades Semidesnatada e Semidesnatada Sen Lactosa en 2016. Concedido na súa gala anual en Bruxelas polo International Taste & Quality Institute (ITQi), considerado como a Guía Michelin dos produtos alimenticios, o Premio á Excelencia é un dos máis prestixiosos no sector.

O xurado do iTQi, composto por máis de 125 chefs e sommeliers de renome, efectúa diversas catas para avaliar a calidade dos produtos, obtendo Únicla a máxima puntuación polo seu sabor superior. Os expertos, destacados líderes de opinión, realizan unha detallada análise sensorial, con comentarios sobre criterios organolépticos como a impresión gustativa, aspecto, cheiro e textura.

O leite Únicla é unha marca de referencia de CLUN, a cooperativa de segundo grao que integra a Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto desde xaneiro de 2017. Con máis de 3.500 socios de case 30 municipios galegos, ten como vocación ser o referente no sector agrogandeiro galego.

A máxima distinción, o premio Diamante, correspondeu a o leite enteiro de Pascual, que acumulou tamén máis galardóns en diversas categorías.

Consulta aquí a lista de alimentos premiados no International Taste & Quality Institute (ITQi) 2017

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información