O legado esquecido da antiga Escola de Veterinaria de Santiago, temática do ingreso de Diego Conde na Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 82

  

O próximo día 23 de xaneiro, no Pazo de Fonseca de Santiago terá lugar o ingreso do veterinario Diego Conde Gómez (Ourense, 1977) na Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.

Con esta incorporación recoñecese o traballo que durante os últimos anos ven realizado Diego Conde a prol da recuperación e divulgación da historia da profesión veterinaria e a da gandería, especialmente no ámbito galego.

Doutor en Veterinaria, que ocupara a cadeira número 23 desta institución, conta con máis de 100 publicacións e artigos en diversas revistas e congresos científicos nacionais e internacionais. Ademais, é membro colaborador do Grupo de Investigación de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTAGRA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e fundador da Asociación de Historia Veterinaria Galega (HISVEGA). Conta con numerosos premios como o Manuel Murguía de Ensaio en 2013, o Premio Jesús Garcia Calvo de investigación en 2015 e Premio Nacional Cayetano López y López en 2022.

Desenvolve o seu labor profesional como Xefe de Grupo de Actuacións e Proxectos na empresa Tragsatec (Grupo Tragsa), con máis de 22 anos de experiencia traballando no ámbito da sanidade animal.

Na sesión pública solemne de toma de posesión, o novo académico dará lectura ao discurso preceptivo para o seu ingreso titulado “Eppur si muove. Novas achegas á Historia da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela (1882-1924)”. O discurso de contestación da Academia, será pronunciado polo académico de número Dr. Alberto Portela.

A historia da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela é un reflexo dos esforzos pola modernización da formación científica e técnica en Galicia durante finais do século XIX e comezos do XX. A súa creación, en 1882, debeuse ao impulso político de figuras como Eugenio Montero Ríos e a colaboración de institucións como o Concello de Santiago, as Deputacións provincias, ou a Sociedade Económica de Amigos do País. Porén, a curta vida da Escola, que pechou en 1924, deixa ver as dificultades estruturais e políticas que limitaron o seu desenvolvemento. A través da súa presentación, o Dr. Conde demostrará que a creación da Escola buscaba mellorar a oferta educativa en Santiago e promover a modernización agrícola de Galicia. Así, tanto na súa primeira sede no Colexio de San Clemente, como a partir de 1915 no Pazo do Hórreo, actual sede do Parlamento de Galicia, a Escola tivo unha intensa actividade. No seu discurso de ingreso, o Dr. Conde reivindicará o importante legado na modernización da veterinaria galega, destacando na formación de profesionais e na investigación agropecuaria.

Así, a pesar das dificultades para a súa posta en marcha e as continuas ameazas de peche, a escola procurou potenciar a investigación científica e a formación técnica. Figuras destacadas como Abelardo Gallego Canel, pioneiro da Histoloxía Veterinaria en España, e Cruz Gallástegui Unamuno, impulsor da Misión Biolóxica de Galicia, vinculáronse a esta etapa de esplendor.

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 82

VETERINARIA escola veterinaria horreo2

VETERINARIA catedra anatomia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información