O Inorde promove unha actividade de formación en viticultura rexenerativa

Publicidade
La alta restauración está dispuesta a asumir las pequeñas elaboraciones diferenciadas

La alta restauración está dispuesta a asumir las pequeñas elaboraciones diferenciadas

Poda de respecto, instauración e mantemento de cubertas vexetais, conservación da estrutura do
chan evitando aradas e mecanización excesiva, aproveitamento dos subprodutos da viña como fertilizantes e manexos biofuncionais para aumentar a vida útil da estrutura produtiva.

Eses son os contidos dunha actividade formativa promovida polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) que terá lugar o vindeiro xoves, 9 de xullo, en Girona. A acción terá lugar na Finca Can Font, pertencente a The Regen Academy, un dos referentes internacionais en canto a agricultura rexenerativa.

O prazo de solicitudes para inscribirse na actividade remata este sábado, 4 de xullo. Para participar, será necesario cumprir coas bases establecidas, cubrir o formulario de solicitude e asumir o compromiso de aplicar un dos métodos aprendidos nunha finca en propiedade ou aluguer.

Está previsto que a actividade teña unha duración de 7 horas e que combine unha parte teórica con outra de visita e aplicación nas viñas. Os facilitadores da formación serán Francesc Font e Nuri Madeo, profesionais con máis de 20 anos de experiencia neste ámbito e que aplicarán un formato de Masterclass.

A actividade organízase ao abeiro do proxecto europeo 0035_CIRCULAR_ECOSYSTEMS_6_E: Ecosistemas territoriais e solucións sistémicas deeconomía circular para previr a contaminación e está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O proxecto está liderado polo Comité do Programa de Cooperación Transfronteiriza INTERREG VI.

O obxectivo principal é desenvolver accións conxuntas para a solución de problemas de
contaminación da área de cooperación, tendo en conta as estratexias e plans existentes en
xestión de residuos, a través do desenvolvemento de estratexias e plans de accións territoriais de economía circular, conforme unha metodoloxía conxunta.

Tamén se persegue implementar esta acción piloto que se basea nos postulados da agricultura
rexenerativa como método efectivo de restaurar a saúde do chan e consecuentemente mellorar o desenvolvemento vexetativo do viñedo.

Pódese realizar a inscrición e consultar as bases no seguinte DOCUMENTO:

BASES INORDE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información