A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O Inorde pon a disposición dos pequenos produtores de Ourense un “Laboratorio Rural” para innovar e crear novos produtos

O Inorde pon a disposición dos pequenos produtores de Ourense un “Laboratorio Rural” para innovar e crear novos produtos

Laboratorio Rural do INORDE en Xinzo a disposición dos agricultores e gandeiros da provincia de Ourense

As condicións extremadamente cambiantes dos mercados actuais, unido á situación de conflito en Europa están a causar un desabastecemento dos mercados de insumos agrarios que están a ocasionar unha tendencia á alza nos prezos que ten que asumir o produtor que para poder manter a súa explotación en condicións de competitividade produtiva. Esta alza dos custos produtivos non se están a compensar polos prezos de venta que o produtor primario percibe.

O panorama actual está a obrigar aos actores do sector primario a replantearse os sistemas produtivos, de tal xeito que, o que antes eran refugallos agora deben converterse en subprodutos a integrar nas cadeas de valor dos distintos mercados, apostando, cada vez máis, pola economía circular.

Por elo, desde o Inorde, organismo autónomo dependente da Deputación de Ourense que ten asumido os labores de desenvolvemento do sector primario provincial, considerouse necesario axudar ao emprendemento agrario mediante a dotación tecnolóxica a unha nova xeración de empresarios agrícolas da provincia de Ourense.

Para elo, a través do proxecto Circular Labs puxo en marcha, nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, situado en Xinzo de Limia, un laboratorio que permitirá ós emprendedores interesados en desenvolver proxectos piloto de aproveitamento de subproductos, de aproveitamento e defensa dos produtos endóxenos e, en xeral, de todos aqueles factores que permitan apoiar ao sector primario provincial a través da economía circular.

O laboratorio rural do Inorde dispón a día de hoxe das seguintes liñas de actuación:

-Aproveitamento de subproductos agrícolas-gandeiros para o seu emprego como fertilizantes: Para isto disponse de dixestores a vacío para a determinación de formas nitroxenadas e destiladores por vapor que se verán complementados polo instrumental de análise común (espectrofotómetros UV e AA) para a determinación de elementos nutricionais.

-Liña de cereais. Encamiñada a buscar variedades cerealistas novas de maior adaptación ás distintas zonas e á recuperación de variedades autóctonas, así como para o desenvolvemento de novos produtos con base cerealista. Para elo, conta con muíños de cereais para a elaboración de fariñas, tamices, medidores de humidade, medidores de peso específico e determinación de proteína.

-Liña de extracción de aceites esenciais. Encamiñada á extracción de esencias e aceites de distintos elementos da cadea produtiva como pepitas de viña, colzas, mostazas, etc. Para isto cóntase cunha prensa hidráulica, cunha prensa de émbolo sen fin e un sistema de extracción por arrastre de vapor.

-Liña de procesados. Para a elaboración de cervexas con subproductos cerealistas, a elaboración de licores por maceración, obtención de zumes de froitas e vexetais, elaboración e conservación de produtos transformados. Para isto, o laboratorio está dotado cunha prensa hidráulica, maceradores, destiladores, sistemas de cocción a baixa temperatura, envasadora ao vacío e en atmosfera modificada e cámara de conxelación.

-Liña de mel. Co obxectivo de aproveitar o maior volume posible de mel das explotación apícolas mediante a realización de análises que aseguren a súa calidade. Para poder facer isto, tense un reflectómetro, un refractómetros ademais dos espectrofotómetros de UV e AA cos que conta o Centro.

-Liña de deseño en 3D. Encamiñada a mellorar o packaging, o deseño e a construción de pezas de maquinaria que permitan alongar a vida útil da maquinaria da explotación. Para poder realizar esta tarefa disponse de dúas impresoras 3D de gran capacidade.

Todo elo, compleméntase cos diferentes aparatos auxiliares dos que xa dispón o propio centro, lugar de apoio e asesoramento de referencia para os profesionais de sector da provincia, para poder realizar as súas tarefas diarias. Ademais, hai que ter en conta que o Inorde dispón de diversas fincas de ensaio que serven para realizar probas para testar novas variedades, así como para avaliar os produtos fertilizantes (e fitosanitarios de ser o caso) obtidos no laboratorio circular.

INORDE Laboratorio rural 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *