O inicio oficial da vendima na D.O. Ribeira Sacra será o vindeiro mércores 16 de setembro

Publicidade

vendima Ribeira Sacra 2020O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra fixa como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe o vindeiro mércores 16 setembro, prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata mediados do mes de outubro.

Os resultados dos controis de maduración nas viñas que viña desenvolvendo o equipo técnico da Denominación desde finais de agosto, permitiron determinar o estado da uva e definir a data oficial para o inicio da vendima nesta campaña.

A adega Ronsel do Sil xa comezou a campaña da recollida da uva deste ano o pasado 26 de agosto na subzona Ribeiras do Sil

Na pasada vendima, a máis abondosa da D.O. Ribeira Sacra, a data recomendada para o inicio da vendima foi o 19 de setembro, aínda que unha adega comezaba cos traballos de recollida nalgunhas parcelas o 28 de agosto, como este ano fixo Ronsel do Sil o 26 de agosto na subzona Ribeiras do Sil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información