O II Foro da la de Galicia celebrarase en Lugo os días 13 e 14 de setembro

O II Foro da la de Galicia, é unha iniciativa que pretende visibilizar a situación que existe coa la das ovellas e poñer en valor os seus usos, tanto tradicionais como innovadores.

O II Foro da la de Galicia, é unha iniciativa organizada pola Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA), que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e que pretende visibilizar a situación que existe coa la das ovellas e poñer en valor os seus usos, tanto tradicionais como innovadores.

Por iso dende OVICA propoñen este encontro, que terá lugar no soto da Praza de Abastos de Lugo, os días 13 e 14 de setembro, en horario de 11h a 20h. o sábado e de 11h a 14h o domingo e no que poderemos atopar:

– Exposición e venda das diferentes iniciativas ao redor do mundo da la.

– Proxección de documentais, relacionados coa temática concreta e o mundo da gandería en xeral.

– Mesa redonda debate, sobre a viabilidade de poñer en marcha un lavadoiro de la en Galicia.

– Música e narración oral, para desfrutar e bailar.

Dende OVICA levan varios anos traballando nesta temática en diferentes vías:

– Contacto con cooperativas e lavadeiros que existen fora de Galicia.

– Iniciativas de investigación para a posta en valor de novos usos da la.

– Creación dun grupo de traballo a nivel galego, relacionado coa la.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar a través de correo electrónico ou no teléfono 687778013 (Amaia) e 669128946 (Raquel).

Programa II Foro da la 2025

cartel inicial Foro da La

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información