O Igape organiza un seminario online para empresas do sector agroalimentario

A sesión celebrarase o vindeiro martes 14 e centrarase na estratexia e profesionalización das firmas agroalimentarias

O Igape organiza un seminario online para empresas do sector agroalimentario

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) organiza o próximo martes 14 de xullo un seminario online dirixido a firmas do sector agroalimentario. A actividade enmárcase na nova convocatoria do programa Re-acciona, que pretende dar ferramentas para mellorar a competitividade das empresas. Nesta iniciativa os participantes poden elixir entre un total de 15 servizos.

O seminario celébrase para que as empresas do sector agroalimentario coñezan en detalle os servizos incluídos nos eixos de Estratexia e Profesionalización, que serán os que se aborden na sesión telemática. A formación impartirase a partir das 12.30 horas e contará coa colaboración do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

Detallamos o programa da sesión telemática A profesionalización e a estratexia, piares para reforzar o sector agroalimentario:

-12:30 horas. Benvida IGAPE

-12:35 horas. Presentación a cargo de Roberto Alonso, Xerente do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

-12:40 horas. Servizos de Desenvolvemento estratéxico. Isabel Álvarez, de DPI Estrategia

-12:50 horas. Servizos incluídos no bloque de Profesionalización, con especial fincapé no servizo de Relanzamento comercial. Pilar Blanco, de Exportrends.

-13:00 horas. Experiencia empresas Re-acciona sector agroalimentario:

-Calabizo (Servizo: Análise de potencial competitivo)

-Edurne Sendra, Directora

-Vinigalicia (Servizo: Preparación de procesos certificables)

-Ana Rúa, Responsable do Departamento de Calidade

 

– Accede aquí ó formulario de inscrición da xornada.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información