O gurú da agricultura orgánica Jairo Restrepo imparte a vindeira semana na Coruña un curso especializado

Entre o martes 22 e o xoves 24 (9:30 a 18:30h), Restrepo mostraralle aos asistentes como elaborar biofórmulas, activar os microorganismos ou facer caldos minerais para o control de enfermidades e eliminar a dependencia dos insumos externos.

Publicidade
Jairo Restrepo

Jairo Restrepo

A próxima semana, entre o martes 22 e o xoves 24, a Fundación Juana de Vega xunto co proxecto agroecolóxico Os Biosbardos (Cambre) organiza o curso de tres días “O ABC da agricultura orgánica” liderado por Jairo Restrepo Rivera, un dos maiores expertos a nivel mundial en agricultura orgánica. Esta formación especializada é unha das catro citas que o fundador de La Mierda de Vaca (https://lamierdadevaca.com) imparte na súa xira por España durante este mes de outubro.

O interese xerado fixo que as trinta prazas ofertadas se cubrisen hai semanas e, incluso, haxa lista de espera con chamadas doutras partes de Galicia. A maioría dos anotados son profesionais en activo vinculados ao agro e tamén asistirán persoas doutros sectores.

Serán unhas xornadas eminentemente prácticas e de intercambio de experiencias para dar a coñecer modelos alternativos de produción de alimentos baseados en aumentar a fertilidade dun recurso básico para ter un solo vivo e produtivo. Restrepo ensinaralles como elaborar biofórmulas, activar os microorganismos ou facer caldos minerais para o control de enfermidades e eliminar a dependencia dos insumos externos. O obxectivo é que os agricultores poidan ter o control das súas explotacións e posúan ferramentas, e coñecementos, que lles permitan aproveitar o potencial dos recursos naturais da súa contorna.

O docente

Jairo Restrepo Rivera é enxeñeiro agrónomo, promotor, consultor e formador en agricultura orgánica. Suma máis de 35 anos de experiencia que materializou no seu proxecto “La mierda de vaca”, así como en cursos presenciais impartidos en máis de trinta países.

Nado en Colombia e naturalizado no Brasil, Restrepo contribuíu en todos os procesos de evolución da agricultura orgánica a nivel mundial; tanto mediante o desenvolvemento de técnicas de fertilización e nutrición orgánica como de recuperación e conservación de solos, diagnóstico e planificación de procesos de transición cara a técnicas de cultivo máis respectuosas co medio.

A Fundación Juana de Vega, no marco da súa aposta polas actividades formativas vinculadas á produción agrogandeira sostible, coorganiza este curso de tres días como unha continuación á liña temática iniciada en febreiro deste ano coas I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa e nas que tamén colaborou Os Biosbardos.

A inauguración do curso terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega o martes, 22 de outubro entre as 9:30h e as 11:00h. O grupo trasladarase a continuación á explotación dos Biosbardos para a realización da parte práctica

programa jairo restrepo 3 programa jairo restrepo 2 programa jairo restrepo 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información