O Grupo Osborne entre no accionariado de Galician Orixinal Drinks, elaboradora da xenebra Nordés ou do vermú Nordesía

Publicidade
O Grupo Osborne entre no accionariado de Galician Orixinal Drinks, elaboradora da xenebra Nordés ou do vermú Nordesía

Sinatura do acordo entre Galician Original Drinks e o Grupo Osborne

Galician Orixinal Drinks, situada en Vedra, e empresa punteira en I+D+i dentro do sector de bebidas espirituosas de Galicia, ten un novo socio minoritario, o Grupo Osborne. Esta multinacional andaluza xa comprou en 2015 Nordés, unha xenebra de moda creada pola empresa galega.

En moi poucos anos de vida Galician Orixinal Drinks soubo situarse no mercado agroalimentario a nivel internacional, pola elaboración de produtos novos elaborados de maneira artesanal. Así foi o caso da xenebra Nordés, o vodka do mesmo nome, ao que seguiron os vermús Nordesía feitos con base vínica de albariño e mencía, e ultimamente co “Dr. Zas”, bebida picante realizada con pementos variedade padrón.

A entrada no accionariado do Grupo Osborne axudará a Galician Orixinal Drinks a reforzar a súa presenza internacional

Coa ampliación de capital efectuada e a entrada no consello de administración do Grupo Osborne o obxectivo inmediato de Galician Orixinal Drinks será desenvolver novos produtos e que leven a marca Galicia a nivel internacional cun acento moderno, innovador e de tendencia.

“Con esta asociación móstrase o interese do Grupo Osborne e a credibilidade que ofrecen todos os produtos novos creados desde a empresa galega, que agora verá reforzado notablemente o seu músculo comercial, sobre todo a nivel internacional pero que, sen dúbida, ademais de manter a elaboración artesanal na súa destilería, axudará a dinamizar o sector agroalimentario galego”, destacan desde a empresa de Vedra.

Por outra banda e con motivo deste acordo alcanzado pola empresa galega o conselleiro de Economía, Emprego e Industria do Goberno galego, Francisco Conde, entrevistouse os responsables do Grupo Osborne e de Galicia Orixinal Drinks, que lle informaron do acordo alcanzado. O responsable autonómico destacou a importancia de que o tecido empresarial galego aposte pola innovación e o desenvolvemento da Industria 4.0 para ser máis competitivo e abrirse a novos mercados, o que á súa vez contribuirá a consolidar o posicionamento da marca Galicia a nivel internacional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información