O Grupo Lactalis incrementou arredor dun 2,5% a súa recolllida de leite en Galicia en 2019

O Grupo Lactalis colabora con 1.500 gandeiros galegos aos que recolleu o ano pasado máis de 513 millóns de litros de leite, aproximadamente a metade do total nacional, e unha cifra similar aos 500 millóns de litros recolleitos en 2018

O Grupo Lactalis incrementou arredor dun 2,5% a súa recolllida de leite en Galicia en 2019

O Grupo Lactalis, empresa familiar e líder mundial na fabricación de produtos lácteos e en recollida de leite en Galicia -aproximadamente recolle o 20% -, informa de que realizou un investimento valorado en 3 millóns de euros para mellorar o proceso de produción das dúas fábricas que o Grupo ten en Lugo. En concreto, investiu 1,7 millóns de euros na fábrica de leite situado en Villalba e 1,3 millóns na de Nadela. Tal e como se recolle no Informe de Responsabilidade Corporativa 2019, o Grupo investiu 21 millóns de euros nas súas 8 fábricas españolas.

En 2019 Lactalis recolleu en España 1.028 millóns de litros de leite de vaca, ovella e cabra, dos cales, case a metade foron recibidos e procesados nas fábricas de Galicia. Concretamente, as plantas de Villalba e Nadela recibiron en total máis de 513 millóns de litros de leite, unha cifra lixeiramente superior -un 2,6% máis- aos 500 millóns de litros recolleitos en 2018.

“Os gandeiros son os nosos principais aliados na nosa aposta pola calidade e en Lactalis cremos nas relacións a longo prazo con eles. Colaboramos cuns 2.200 gandeiros -1.500 deles, galegos- e o 90% fano a través de contratos por un ano, o que lles achega estabilidade e flexibilidade para facer crecer as súas explotacións”, afirma Ignacio Elola, conselleiro delegado de Lactalis Iberia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información