O Goberno publica a orde de módulos con importantes reducións no IRPF 2025 para 800.000 agricultores e gandeiros

Aplícanse reducións para sectores específicos do 50% na apicultura e do 30% no de ovino e caprino

agencia_tributaria_01_standarO Boletín oficial del Estado (BOE) publicou hoxe a orde do Ministerio de Facenda pola que se reducen os índices de rendemento neto no sistema de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) de 2025, o denominado sistema de módulos, para agricultores e gandeiros.

Esta orde recolle a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) de minoración dos ditos índices, que tivo en conta os efectos de circunstancias excepcionais adversas que afectaron á rendibilidade de moitas explotacións agrícolas e gandeiras durante 2025.

Determinados sectores benefícianse de reducións específicas, do 50% no caso a apicultura, e do 30% en ovino e caprino, tanto para produción de carne como de leite.

Como noutras ocasións, efectuáronse tamén un elevado número de reducións a nivel autonómico, provincial ou municipal noutras producións, entre as que destacan as aprobadas para os cereais, oliveiral e viñedo en importantes zonas produtoras.

Estas deducións súmanse á redución xeral do 5% no rendemento neto para os aproximadamente 800.000 agricultores e gandeiros que tributan polo sistema de módulos establecida na orde HAC/1347/2024, do 28 de novembro.

Estímase que o conxunto das reducións contempladas na orde supón unha rebaixa da base impoñible do IRPF da orde de 825 millóns de euros.

As reducións aplicadas reflicten as situacións de adversidade climática do ano 2025, entre as que destacaron altas temperaturas, xeadas, saraiba, ventos, precipitacións extremas e a sucesión de lumes forestais do verán.

Adicionalmente, os agricultores e gandeiros poden beneficiarse doutras deducións como o índice aplicable ás actividades gandeiras que alimenten o gando con pensos e outros produtos adquiridos a terceiros, que representen máis do 50% do importe dos consumidos. O índice único para todos os sectores gandeiros é do 0,5.

Tamén se aplica un coeficiente corrector por uso de electricidade para a rega, cunha redución dun 25% do rendemento neto extensible a todos os regadíos e non só aos de consumo eléctrico estacional.

Igualmente mantense a exención do imposto do IRPF para o cobro dos ecorreximes da Política Agraria Común (PAC).

As reducións dos índices de rendemento neto establecidas con carácter nacional para a declaración da renda 2025 son as seguintes:

– Ovino e cabrún de carne de 0,13 a 0,09

– Ovino e cabrún de leite de 0,26 a 0,18

– Apicultura de 0,26 a 0,13

Consulta aquí a orde coas medidas fiscais aprobadas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información