O Goberno pon en marcha o rexistro de contratos alimentarios

A inscrición, que se realizará de forma electrónica, será obrigatoria a partir do 30 de xuño para todos os contratos que se subscriban con produtores primarios

Hai dous anos empezaron a cebar os xatos, que venden marcados de Ternera Gallega Suprema

Na actualidade os produtores de carne reciben os contratos a posteriori, trala entrega e sacrificio dos animais no matadoiro

O Consello de Ministros aprobou este martes, a proposta do Ministerio de Agricultura, un Real Decreto que desenvolve o rexistro de contratos alimentarios de carácter dixital no que se deberán inscribir, con carácter obrigatorio, os contratos que se subscriban cos produtores primarios e as súas agrupacións, en cumprimento da Lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria, aprobada en decembro de 2021.

“O Rexistro de Contratos Alimentarios incrementa a protección dos produtores primarios e as súas agrupacións, xa que facilitará as funcións de inspección e control da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA) e das autoridades de execución das comunidades autónomas, encargadas de velar polo cumprimento das obrigas en materia da cadea alimentaria no ámbito das súas competencias”, asegura o Ministerio.

Este rexistro facilitará as funcións de inspección e control das relacións comerciais por parte da AICA

Neste marco, o real decreto aclara quen son os suxeitos obrigados á inscrición dos contratos alimentarios que, segundo a lei da cadea, corresponde aos compradores que formalicen os contratos cos produtores primarios e as súas agrupacións. Tamén precisa o procedemento de inscrición, que será de forma intuitiva e sinxela, e que debe realizarse antes da entrega dos produtos obxecto do contrato, así como cando se produzan modificacións do contrato pactadas po las dúas partes.

Os compradores serán os encargados de inscribir o contrato no rexistro antes da data de entrega dos produtos

Así mesmo, a norma aclara que os obrigados a inscribir o contrato serán os primeiros compradores cando adquiran leite cru aos gandeiros. Para aqueles contratos alimentarios formalizados como contratos de integración, como no caso de producións de engorde do sector avícola, será o integrador o obrigado a inscribilo no rexistro electrónico.

Período transitorio de 5 meses

O rexistro dependerá orgánicamente do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e estará adscrito á Axencia de Información e Control Alimentarios. O acceso realizarase a través da páxina web da AICA.

Con todo, e coa finalidade de garantir a operatividade da aplicación electrónica do rexistro e asegurar que os operadores teñan marxe para dispoñer dos recursos necesarios, a norma aclara que se poderá realizar a inscrición dos contratos alimentarios desde o próximo 31 de xaneiro de 2023, aínda que non terá carácter obrigatorio ata o 30 de xuño de 2023.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información