O Goberno incrementa nun 19% o orzamento para subvencionar os seguros agrogandeiros

O Goberno incrementa nun 19% o orzamento para subvencionar os seguros agrogandeiros

A Comisión Xeral da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA) aprobou o proxecto do 42º Plan de Seguros Agrarios Combinados, que inclúe un incremento de 40 millóns de euros no orzamento destinado a subvencionar as primas de seguros, o que supón un 19% máis respecto ao orzamento establecido no Plan durante o últimos catro anos.

O orzamento total da entidade sitúase en 256,47 millóns de euros, dos que 251,27 millóns se desinarán á subvención do pago das primas de seguros.

Na devandita Comisión Xeral, presidida polo subsecretario de Agricultura, Pesca e Alimentación, e presidente de ENESA, Luís Álvarez-Ossorio, participaron representantes das comunidades autónomas e do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, así como as organizacións profesionais agrarias, as cooperativas agroalimentarias e a Agrupación Española de Entidades Aseguradoras do Seguro Agrario (Agroseguro).

O proxecto de 42º Plan de Seguros Agrarios contempla todas as liñas de seguro, cuxo período de contratación iníciase ao longo de 2021, xunto coas diferentes subvencións aplicadas e as porcentaxes de subvención establecidas para cada unha delas.

Novas medidas de apoio

Entre as novas medidas de apoio destaca a subvención das recargas do seguro aplicados por unha elevada sinistralidade individual. Isto permitirá prestar un maior apoio a aqueles produtores cuxas explotacións se sitúan en zonas de maior risco, como aquelas zonas que reiteradamente padecen fenómenos tormentosos ou outras adversidades climáticas.

En liña coa política do ministerio de apostar polo fomento do relevo xeracional, é significativo o aumento en dez puntos da subvención que perciben os agricultores novos, duplicando así a subvención que viña percibindo por este concepto, ao pasar dun 10% de media actual a un 20%.

Outras medidas destacadas son o incremento da subvención correspondente aos seguros complementarios aos subscritos nun seguro principal, o recoñecemento de subvencións adicionais no seguro de compensación por perda de pastos e nas liñas acuícolas, e o incremento das subvencións base ao seguro agrario nas Illas Canarias.

Na reunión pasouse revista á situación da contratación do seguro agrario e da sinistralidade. Neste sentido, constatouse que nos meses transcorridos de 2020, até 31 de outubro, a produción agrícola asegurada aumentou un 19 %, e o capital asegurado un 10 %, respecto ao mesmo período de 2019. A sinistralidade é un 6 % inferior ao ano 2019.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información