O Goberno dará 169 millóns de euros en axudas directas ás gandarías de leite

Darase unha axuda directa de 210 euros por vaca para os primeiros 40 animais e de 145 do 41 a 180 animais. Ademáis, exímese da obriga de deixar en barbeito un 5 % das súas superficies de cultivo e flexibilízase o requisito de diversificación.

O Goberno dará 169 millóns de euros en axudas directas ás gandarías de leite

O Consello de Ministros aprobou hoxe un paquete de axudas para os sectores agrario e pesqueiro, a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, dotado con máis de 430 millóns de euros, recollidas no Real Decreto-lei polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína.

Os apoios para mitigar o impacto no sector primario suman 193,47 millóns de euros para o sector agrario e gandeiro, o sector produtor de leite percibirá un total de 169 millóns de euros e a pesca extractiva e acuícola contará cunhas axudas de 68,18 millóns de euros.

En total, 430 millóns de euros de axudas directas e subvencións comunitarias, aos que hai que considerar o engadido da redución de 20 céntimos durante 3 meses no prezo do gasóleo que, de acordo aos datos de consumo medio de anos anteriores, desde o Ministerio destacan que pode supor un impacto positivo de 78 millóns de euros para agricultores e gandeiros e doutros 16 millóns para pescadores.

Axudas para os produtores de leite

O Goberno porá a disposición dos produtores de leite 169 millóns de euros en axudas directas, xa que é un dos máis afectados polo incremento dos custos polo prezo da electricidade, os pensos de alimentación animal e os combustibles provocado pola invasión rusa de Ucraína.

Desta cantidade, 124 millóns de euros son para o sector produtor de leite de vaca (210 euros por vaca até un máximo de 40 animais por beneficiario, 145 euros por animal entre 41 e 180 cabezas; e 80 euros por máis de 180 vacas); 32,3 millóns de euros para os produtores de leite de ovella (15 euros por animal); e 12,7 millóns de euros para os de leite de cabra (10 euros por cabeza).

Estas axudas xestionaranse de forma urxente e inmediata, unha vez entre en vigor o real decreto-lei.

Posibilidade de cultivar barbeitos

A norma aprobada hoxe polo Consello de Ministros tamén recolle a modificación normativa pola que se exime aos agricultores da obriga de deixar en barbeito un 5 % das súas superficies de cultivo e flexibilízase o requisito de diversificación. Con iso, poderanse mobilizar máis de 600.000 hectáreas declaradas como superficies de interese ecolóxico, así como 2,16 millóns de hectáreas declaradas para cumprir o requisito de diversificación de cultivos. Desta forma, o sector agrario contará con máis superficie para producir cereais e oleaxinosas e mellorar a subministración destes produtos en España.

O sector ademais beneficiarase do conxunto de medidas no ámbito enerxético (enerxía eléctrica, gas e enerxías renovables) recollidas no real decreto-lei para axudar ao conxunto da economía con medidas de impacto positivo para agricultores, gandeiros e pescadores.

Consulta aquí o decreto publicado no BOE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información