O Goberno da Deputación de Lugo xera 210 novos empregos na provincia en tan só tres meses

O Goberno da Deputación de Lugo xera 210 novos empregos na provincia en tan só tres meses

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, avanzou este venres que son 210 novos postos de traballo, os que o Executivo Provincial leva xerado, en tan só 3 meses, no conxunto do territorio lugués. Fíxoo a través das súas dúas programacións de xeración de emprego directa que na actualidade ten en marcha en toda a provincia: Ben Empregado 3 e DEPUEMPREGO 2.

Son postos de traballo en empresas, entidades, colectivos sociais e municipios de todas as Comarcas, cos que o Goberno da Deputación busca combater o paro, contribuír á actividade de autónomos, PEMES lucenses e colectivos sociais lucenses, así como reforzar a prestación de servizos públicos en todos os Concellos, especialmente en zonas rurais. “Facémolo na nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural”, destacou.

Santos Ramos explicou que dos 210 novos postos de traballo xerados nos últimos 3 meses en Concellos de todas as Comarcas lucenses, 129 son do Ben Empregado 3 e 81 do DEPUEMPREGO 2. “Representan o 46% da oferta de emprego que poremos a disposición de todos os lucenses mediante estas dúas programacións de xeración de emprego directa na provincia. Pois, hai que ter en conta, que co Ben Empregado 3 xeraremos un total de 150 empregos e co DEPUEMPREGO 2 uns 300”.

“Facémolo con 6,1 millóns de euros, cos que financiamos os custos laborais destes 450 novos traballadores nos 67 Concellos da provincia. Nas vindeiras semanas, ofreceremos os restantes 240 postos de traballo”.

“E este 2017, poremos en marcha novas programación. Polo tanto, este Goberno Provincial fai que a Deputación de Lugo continúe sendo a administración galega que máis inviste na xeración directa de emprego na provincia”, apuntou.

Distribución dos 210 empregos xerados 
Nas Comarcas de Chantada, Quiroga e Lemos, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 36 novos empregos en 9 Concellos.

– Chantada: comunity manager, comercial autovenda, camareiro, repartidor mercancía, coordinador de proxectos transmedia e técnico de seguros agrarios
– Quiroga: peón servizos múltiples, conserxe, animador sociocultural, limpador e operador de cámara.
– Taboada: dependente para carnicería e reparto, oficial de primeira, motoserrista e operador explotación forestal
– A Pobra do Brollón: repartidor, condutor mecánico, oficial electricista, peón forestal e peón de obras
– Bóveda: xefe de ventas
– Monforte de Lemos: monitor actividades físico-deportivas, panadeiro, profesor de actividades artístico–manuais, oficial electricista, oficial para o servizo de parques e xardíns, traballador social e auxiliar administrativo
– Pantón: técnico en coidado e manexo de cabalos
– Sober: mozo especialista; peón de servizos múltiples, peón pintor, axudante de viticultura, técnico de turismo, monitor multidisciplinar deportes, auxiliar técnico de protección civil, técnico en informática e técnico en medioambiente
– O Saviñao: licenciado en historia

Na Comarca de Lugo, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 36 novos empregos en 5 Concellos.

– Castroverde: oficial de masa-panadería e técnico asesor
– O Corgo: 2 peóns e 1 camareiro/a de sala
– Lugo: condutor almaceneiro, comercial, representante-comercial material de papelería oficina, condutor-repartidor, responsable administración, coordinador de proxectos, motoserrista forestal oficial de 2ª, veterinario, dependente, oficial administrativo, técnico superior en márketing e publicidade, recepcionista, técnico de prevención de riscos, comunity manager, limpador/a, técnico informático, auxiliar administrativo, asesoramento técnico a explotacións gandeiras, enxeñeiro informático o grado ade, administrativo – oficial 1º, educador social, reporteira de axencia de información, técnico de medioambiente, responsable da área de mantemento do parque zoolóxico, coordinador/a e asesor/a técnico laboral, traballador social, enxeñeiro forestal traballador social e enxeñeiro técnico agrícola
– Portomarín: electricista
– Outeiro de Rei: peón e peón limpeza

Na Comarca da Mariña, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 33 novos empregos en 12 Concellos.

– Ribadeo: peón xardineira, cociñeiro, parrilleiro, coidador de persoas dependentes, oficial de 1ª – administrativo, 2 peóns de limpeza, informador turístico, técnico dinamizador sociocultural e técnico arquivo biblioteca
– Barreiros: albanel oficial de 1ª
– Burela: técnico superior en actividades físico deportivas
– Cervo: técnico forestal
– Foz: auxiliar administrativo
– Lourenzá: biólogo
– Mondoñedo: condutor funerario, mecánico, oficial 3ª de taller de pedra natural, condutor autobús e mecánico vehículos industriais
– A Pontenova: oficial da construción de 2ª, oficial 3ª carpintería metálica, peón forestal e oficial de 2ª perruquería
– Trabada: motoserrista de 1ª e un operador de explotación forestal
 Viveiro: auxiliar de topografía – delineante e asesor técnico para explotacións leiteiras
– Xove: enxeñeiro oficina técnica
– Ourol: motoserrista

Na Comarca da Terra Chá, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 33 novos empregos en 10 Concellos.

– Abadín: 4 auxiliares de produción en viveiros
– Begonte: mecánico
– Castro de Rei: operario industrias agroalimentarias, enxeñeiro director de obras, técnico director de obras, operario/peón e auxiliar de enfermería Cospeito: demanda 5 perfís: pintor – oficial de 2ª, axudante de obrador, community manager, carpinteiro metálico, mozo de almacén e xardineiro
 Meira: axudante camareiro e 2 peóns servicios múltiples
– Guitiriz: técnico en asesoramento contable e fiscal
– Pastoriza: xardineiro e 3 peóns
– Pol: comercial de seguros, contable financeiro, oficial de 1ª e monitor de tempo libre – Vilalba: demanda 3 perfís, auxiliar administrativo, community manager e director técnico deportivo
– Xermade: auxiliar administrativo.

Na Comarca da Montaña, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 34 novos empregos en 10 Concellos.

– A Fonsagrada: comercial, carniceiro, axudante en bar, 2 oficiais 1ª maquinistas e 2 oficiais 1ª albaneis
– As Nogais: camareira/o
– Pedrafita do Cebreiro: peón carpinteiro, 3 peóns e oficial 1ª albanel
– Baralla: axudante de carnicería
– Becerreá: dependente e atención ao público e un recepcionista
 Cervantes: xefe de oficina e proxectista e enxeñeiro técnico forestal
– Folgoso do Caurel: axudante de cociña e persoal de alta dirección ( licenciado)
– Navia de Suarna: camareira/o, 2 auxiliares administrativos; 2 peóns condutores e 3 peóns de obra
– Negueira de Muñiz: 4 peóns obras públicas
– Ribeira de Piquín: auxiliar administrativo e camareiro/a

Na Comarca da Ulloa, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 27 novos empregos en 3 Concellos.

– Antas de Ulla: 8 peóns
– Monterroso: oficial 1º, 2 peóns limpeza, 3 peóns de obras, conserxe, tractorista – palista e mestre educación infantil
– Palas de Rei: 2 peóns mantemento e restauración, 4 peóns mantemento, enxeñeiro industrial, socorrista, técnico educación infantil e traballador/a social

Na Comarca de Sarria, o Goberno Provincial leva xerado nos últimos 90 días un total de 11 novos empregos en 5 Concellos.

– Láncara: axudante de camareiro
– Paradela: camareiro/a
– O Incio: especialista carpinteira tradicional e especialista de oficio pedra granítica
– Sarria: repartidor, enxeñeiro técnico industrial-especialidade electrónica, administrativo e persoal mantemento

– Triacastela: carpinteiro metal, camareiro de piso e operario de fábrica

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información