O Goberno aproba reducións fiscais para agricultores e gandeiros

O Goberno aproba reducións fiscais para agricultores e gandeiros

O Goberno de España aprobou aumentar a porcentaxe de redución para os agricultores e gandeiros que tributan polo sistema de módulos -a maioría- do IRPF ao pasar do 5% que se aplicaba con carácter xeral, ao 20% que se vai a aplicar na declaración da renda correspondente ao exercicio 2020 para as actividades agropecuarias.

Esta medida ten como finalidade contribuír a paliar os efectos económicos do COVID 19 en sectores afectados, como é o agrogandeiro, e recóllese no Real Decreto Lei 35/2020 aprobado no Consello de Ministros do martes 22 de decembro..

Precisar que no réxime de módulos encádranse agricultores e gandeiros que teñan até un máximo de ingresos brutos anuais de 250.000 euros.

Ligazón á orde de redución do IRPF

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información