O Goberno aproba facilitar aos pequenos produtores a venda directa na granxa e a transformación de alimentos

O Goberno aproba facilitar aos pequenos produtores a venda directa na granxa e a transformación de alimentos

O Consello de Ministros aprobou un real decreto que regula e flexibiliza a aplicación de determinadas disposicións da Unión Europea (UE) en materia de hixiene alimentaria, que afecta á produción e comercialización de produtos alimenticios. Desta forma, o Goberno considera que “favorécese a viabilidade, a rendibilidade e subsistencia dos pequenos produtores de alimentos e impúlsase o consumo de proximidade”.

España é un dos países que máis obstaculiza a venda directa a agricultores e gandeiros, a diferenza doutros estados da Unión Europea, como Francia ou Austria, onde as autoridades facilitan o sacrificio de animais e a transformación de alimentos na propia granxa.

Neste sentido, o texto lexislativo aprobado hoxe en Consello de Ministeros, proposto polos ministerios de Consumo e Agricultura, Pesca e Alimentación, supón, segundo o Goberno, “unha simplificación nos requisitos en materia de seguridade e hixiene da produción primaria, o que permite a adecuación das técnicas tradicionais de produción ao marco sanitario vixente e facilita a súa posta no mercado de proximidade, para crear economía ligada ao medio rural e contribuír a evitar o despoboamento”. “Todo iso -subliñan- sen menoscabo da necesaria seguridade e hixiene dos produtos”.

O real decreto utiliza as flexibilidades previstas no disposto nos regulamentos da UE en canto á comercialización de produtos alimentarios, que permiten adaptar a súa aplicación á realidade produtiva de España, e establece os criterios de hixiene e seguridade alimentaria nos produtos de orixe animal. “Trátase dunha normativa específica para as pequenas e medianas empresas alimentarias, que impulsa o consumo informado e responsable a través de melloras na etiquetaxe e o acceso á información”, destacan.

En concreto, a norma, da que hai que agardar a que se publique no BOE para que se comece a apliar, é unha revisión do Real Decreto 640/2006, de 26 de maio, que utiliza a posibilidade que dá a regulamentación europea aos Estados membros para establecer excepcións, adaptacións ou flexibilizaciones. Trátase dunha demanda histórica de determinados sectores produtivos e que permite a adaptación do denominado “paquete de hixiene” en España, composto por tres regulamentos, ao novo contexto produtivo e comercial.

Principais medidas: De momento só se permite o sacrificio en granxa de aves e coellos

En canto a instalacións e infraestruturas de produción alimentaria e os seus requisitos, o real decreto adapta a norma ao tamaño e características dos establecementos.

Establece as condicións de hixiene e seguridade necesarias para que estes pequenos establecementos poidan realizar sacrificios de animais (aves e coellos) nas súas instalacións. En calquera caso, só poderanse sacrificar animais criados na propia granxa ou que cumprisen a estancia mínima establecida e con límites de sacrificio anual en cada caso, garantíndose así a máxima seguridade alimentaria.

A autoridade competente establecerá, para os pequenos matadoiros e establecementos que produzan carne picada, pautas propias ao redor das mostraxes establecidas na normativa xeral cando a análise do risco o xustifique. Establécense, así mesmo, requisitos estruturais adaptados aos pequenos matadoiros e matadoiros móbiles, adecuadas ao seu pequeno tamaño.

Da mesma forma, a norma establece as pautas de hixiene aos pequenos produtores primarios para favorecer o consumo de proximidade e as canles curtas de comercialización. Permítese a venda directa de pequenas cantidades de carne a consumidores e consumidoras ou a establecementos de venda polo miúdo, que poderá realizarse na propia explotación ou en mercados ocasionais ou diarios. A distancia entre a explotación e os mercados ou establecementos non pode superar os 100 quilómetros.

En canto á información ás persoas consumidoras, os produtos deberán indicar o número de rexistro da explotación no Rexistro Xeral Sanitario de Empesas Alimentarias (RGSEAA), a descrición da mercadoría, o peso neto do produto e a data de sacdrificio. Da mesma forma, os produtos deberán informar o lugar de sacrificio do animal -na explotación, de caza ou de gandaría de lidia- e de se o produto deben ser cociñados antes do seu consumo.

Regúlase a comercialización directa de leite

Tamén se regula a comercialización directa de leite cru e esíxese figurar como establecemento autorizado inscrito no RGSEAA. Actualízase e concreta a listaxe de especies de caracoissilvestres que poden ser comercializados e actualízanse os requisitos de hixiene aliñados cos regulamentos europeos.

En canto aos establecementos de comidas preparadas que sirvan a lugares como residencias de maiores, centros de día ou comedores escolares, establécense tamén criterios homoxéneos. Deberán dispor de comidas testemuña que representen as diferentes comidas para posibilitar a realización dos estudos epidemiolóxicos que sexan necesarios. Esa comidas testemuña recolleranse tras a súa elaboración, estarán claramente identificadas e datadas e conservaranse durante un mínimo de sete días a temperatura igual ou inferior a catro graos centígrados.

A AESAN, integrada no Ministerio de Consumo e impulsora da norma, é o organismo competente para a coordinación, en todo o territorio do Estado, das cuestións ao redor das materias de flexibilización recollidas neste Real Decreto. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), pola súa banda, é o departamento encargado da planificación das políticas agrarias e alimentarias.

AESAN elaborará guías ao redor das medidas e os procesos requiridos que faciliten a adecuación das explotacións agroalimentarias ao novo escenario.

Una idea sobre “O Goberno aproba facilitar aos pequenos produtores a venda directa na granxa e a transformación de alimentos

  1. miguel

    Os criadores de cabritos, cordeiros, porcos, poldros e becerros seguen quedando fora.
    Por se asocia pequeno produtor e tradicional a animais pequenos como polos e coellos?
    Os outros non son tradicionais?
    Ou é que non sofren no transporte?
    Ou é que viaxar 80 km o matadoiro e logo outros tantos de volta para venderlle o veciño non é antinatural?
    En fin…

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información