O GDR Limia – Arnoia convoca as axudas para proxectos de desenvolvemento rural

O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro. Esta proposta do GDR Limia-Arnoia diríxese a iniciativas produtivas e non produtivas que se leven a cabo no período 2023-2024, cun orzamento total de 700.000€ para os dous anos

O GDR Limia – Arnoia convoca as axudas para proxectos de desenvolvemento rural

O prazo de solicitude das axudas estará aberto ata o 31 de xaneiro. Poderán optar a esta convocatoria proxectos de Celanova e Baixa Limia / Arquivo

O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia – Arnoia saca unha convocatoria de axudas para proxectos produtivos e non produtivos das comarcas de Celanova e Baixa Limia. A Xunta Directiva acordou recentemente destinar o 20% do orzamento para este ano 2023, -142.078,58€-, e o 80% restante no 2024 -568.314,34€-, o que fai un total de 710.392,92€. O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro.

A maior parte dos fondos -algo máis de 420.000€- destinarase a proxectos produtivos, mentres que máis de 165.000€ serán para propostas non produtivas presentadas por diferentes entidades públicas (concellos, asociacións…). Os restantes 97.000€, aproximadamente, outorgaranse a proxectos non produtivos de institucións con carácter privado.

“Trátase dunha convocatoria bianual cun orzamento destinado para cada ano; as solicitudes faranse e resolveranse este mesmo ano. Sen embargo, os proxectos executaranse con cargo ás dúas anualidades”, explica a xerente do GDR, Eva González. Así mesmo, todas as persoas interesadas poden ampliar información en calquera das oficinas do GDR Limia-Arnoia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información