O GDR da comarca de Lugo organiza un Curso gratuíto de “Aptitude empresarial agraria”

A Asociación de Desenvolvemente Rural Comarca de Lugo (GDR 4) impartirá a partir do luns 28 de agosto un curso gratuíto sobre a “Aptitude empresarial agraria”. Está dirixido a todas persoas interesadas en crear unha nova explotación agraria, ou en incorporarse a unha xa existente.

O curso, que terá unha duración de 250 horas e que se impartirá integramente no Centro Sociocultural de Friol, está financiado pola Consellería do Medio Rural, Agader, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Temario

Os contidos estarán divididos en oito módulos:

– A empresa agraria
– Xestión técnico-económica da empresa agraria
– Asociacionismo, comercialización e trazabilidade
– Relacións laborais e prevención de riscos
– Sensibilización medioambiental
– Agrotecnoloxía
– Produción de forraxes e alimentación do gando
– Produción de leite e manexo do gando

Se necesitan máis información, poden poñerse en contacto coa Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo, no teléfono 982 238 000 ou no correo electrónico info@comarcadelugo.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información