O Foro Galicia Alimentación celébrase o 26 de xuño en Santiago

O Foro Galicia Alimentación celébrase o 26 de xuño en Santiago

Foro Galicia Alimentación 2024.

O lema escollido para a nova edición do Foro Galicia Alimentación, a cita anual organizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), será Galicia alimenta o futuro. Neste evento, expertos do sector da alimentación e das bebidas se reúnen para debater sobre os principais temas de actualidade que afectan a esta industria estratéxica.

O encontro terá lugar o xoves, 26 de xuño, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Ao longo da xornada celebraranse dous relatorios e dúas mesas redondas que xirarán arredor a innovación e o liderado na transformación deste ámbito.

A programación comezará ás 10:30 horas cun almorzo acompañado dunha exposición de produtos galegos baixo o título “Alimentos e Bebidas Excelentes e Innovadores”. A continuación, abrirase o primeiro bloque temático: Innovación e tendencias que redefinen o sector alimentario.

Este primeiro apartado iniciarase ás 11:30 horas coa conferencia A transformación do sistema alimentario: novas tendencias e innovación, a cargo de Juan Francisco Delgado, vicepresidente da Fundación Europea para a Innovación (INTEC). De seguido, ás 11:45 horas, celebrarase a primeira mesa redonda, centrada na renovación do sector lácteo, un dos piares da economía galega.

Para abordar esta cuestión, o Clúster contará coa participación de representantes de catro empresas pertencentes ao proxecto PERTE Agroalimentario Smartz4Milk: a presidenta do Grupo Lence (Río de Galicia), Carmen Lence; do xerente de Bico de Xeado, José Luis Cabarcos; do director de CAPSA Vida, Rubén Hidalgo e de xerente de Queixería Prestes, Maikel Fernández. O debate estará moderado, ademais, polo fundador e CEO de Medrar Solutions, Hugo Criado.

A segunda parte da xornada estará enfocada no liderado e na visión estratéxica como elementos clave para construír un futuro sostible e competitivo. A primeira intervención desta sección será a conferencia A transformación do retail e do consumidor: unha visión social e estratéxica desde a gran distribución, impartida por Matilde García, presidenta de La Distribución ANGED, ás 11:30 horas.

A última mesa redonda do foro está prevista para as 12:55 horas e xirará arredor da transformación do sistema alimentario. O encargado de moderar esta sesión será Julio Audicana, director do San Telmo Business School.

a presidenta do Grupo Lence (Río de Galicia), Carmen Lence; do xerente de Bico de Xeado, José Luis Cabarcos; do director de CAPSA Vida, Rubén Hidalgo e de xerente de Queixería Prestes, Maikel Fernández. O debate estará moderado, ademais, polo fundador e CEO de Medrar Solutions, Hugo Criado.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través do formulario en liña dispoñible na web de Clusaga.

Premios Galicia Alimentación

Como cada ano, o Foro Galicia Alimentación pecharase coa entrega dos XI Premios Galicia Alimentación, que nesta edición rexistraron un récord histórico de participación con 141 candidaturas.

A cerimonia celebrarase o 26 de xuño e recoñecerá proxectos en cinco categorías: Produto Innovador, Produto Excelente, Proxección e Estratexia de Mercado, Innovación e Sustentabilidade. A gala contará co apoio da Xunta de Galicia e o patrocinio de Caixa Rural Galega, Gadisa e Vegalsa Eroski.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información