O festival Agrocuir reivindica o rural e a diversidade esta fin de semana en Monterroso

Presentacion Agrocuir 2022A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este luns no Pazo de San Marcos unha nova edición do Festival Agrocuir, que se celebra esta fin de semana, do 27 ao 28, no concello de Monterroso. A Deputación de Lugo volve apostar por esta cita que reivindica a diversidade sexual e de xénero no rural a través dun evento musical, artístico e cultural.

No acto de presentación, a Deputada estivo acompañada polo Presidente da Asociación Agrocuir da Ulloa, Adrián Gallero Moreiras, ademais de outros membros da entidade.

“A sétima edición de Agrocuir mantén a mesma filosofía que en anos anteriores: construír espazos que acollan cada vez a máis persoas”, sinalou García Porto e destacou que contribúe a difundir e a poñer en valor a riqueza patrimonial da provincia e, ao mesmo tempo, dinamiza a vida social e a economía no rural.

A Deputación de Lugo colabora con esta cita financiando o concerto de Xosé Lois Romero&Aliboria, que terá lugar a noite do sábado na rúa Benigno Vázquez, de Monterroso. A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo asegurou que “o rural está cheo de xente con ideas e con propostas innovadoras; o que necesita son políticas públicas para axudar a que saian adiante”.

Programa

O evento desenvolverase en distintos espazos do concello de Monterroso e pódese consultar toda a información na páxina web do festival. 

Venres, 27 de agosto

12:00 horas: Agrocuir en letras

17:00 horas: CUIRathlon Labrego

17:00 horas: Palestra: As cinzas que cabem no verde: uma conversa cuir à volta do “natural”

17:00 horas: Obradoiro de estampación

20:00 horas: Catuxa Salom

21:45 horas: PerformanceNeluVermouth

22:15 horas: Benvida e manifesto

22:45 horas: O Rabelo

00:30 horas: Fado Bicha

02:00 horas: Mua Dj Setembro

 

Sábado, 28 de agosto

12:00 horas: Obradoiro de regueifa

12:00 horas: Obradoiro de baile tradicional

12:00 horas: Obradoiro infantil de mitoloxía e caracterización cuir

12:00 horas: Obradoiro de ioga

12:00 horas: Dianhes, Donas e Busgosos – umaexploraçom de desidentidades galaicas comjogos

13:30 horas: Sesión vermú con Cantareiros Cantigas e Frores

16:00 horas: Espectáculo: Meiga-i, gragpandereteira

17:30 horas: Teatro: Ningún hombre me llevará a la cumbre

17:30 horas: Espazo lúdico para cativada e xuventude

19:00 horas: CRNDS + Fransy González

20:30 horas: Cantos de Taberna

23:30 horas: Concerto de Xosé Lois Romero&Aliboria

01:30 horas: Sesión golfa. YiriaImaná, Russ e Teresa Ferreiro, Neto do Rubio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información