O extraño caso das cartas con sementes

O Ministerio de Agricultura pídelle á cidadanía que informe da recepción de sobres con sementes non solicitadas. Os envíos débense a unha estratexia dos vendedores para xerar votos positivos falsos en plataformas online

Publicidade
O extraño caso das cartas con sementes

Envío de sementes non solicitadas. / Imaxe: Genbeta.

Cidadáns de países europeos como Francia, Alemania ou Irlanda quedáronse perplexos ó recibir nas súas casas envíos de sobres con sementes que eles non pediran. O mesmo está sucedendo en Estados Unidos e noutros países. Ante a constancia de que se están producindo este tipo de envíos, o Ministerio de Agricultura emitiu unha nota de prensa para pedirlle á cidadanía que informe de calquera recepción de sementes que non solicitaran.

As sementes non semellan ser perigosas en si, pois téñense identificado entre elas sementes de especies como o romero, rosas ou mostaza, pero é posible que entre medias haxa sementes de plantas invasoras, polo que Agricultura advirte de que hai que evitar a súa plantación.

O motivo dos envíos pódese encadrar nunha moderna picaresca 2.0. A cuestión é que as grandes plataformas de venda online (Amazon, Alibaba, etc.) danlle maior visibilidade ós produtos que logran maiores valoracións de clientes confirmados. Para lograr esas valoracións, detectáronse empresas vendedoras que están facendo envíos de sementes non solicitadas. O obxectivo é falsificar votos positivos para os seus produtos da persoa receptora das sementes, pois as plataformas non permiten a emisión de votos se o cliente non recibiu efectivamente o produto.

As empresas, por tanto, realizan primeiro un envío para o que usan sementes, dado o seu escaso peso, e despois falsifican o voto do receptor.

Agricultura lembra que a introducción en Europea de material vexetal sen o correspondente certificado fitosanitario é un risco desde o punto de vista da sanidade vexetal, dada a posibilidade de que haxa pragas de acompañamento. Outro perigo é que as sementes sexan de plantas invasoras. Por iso pide que eses envíos se poñan en coñecemento da área de Agricultura da Delegación do Goberno correspondente ou dos servizos de Sanidade Vexetal da comunidade autónoma, de cara a proceder á destrucción do material.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información