O enoturismo, eixo central da oferta turística das Rías Baixas

Publicidade
O enoturismo, eixo central da oferta turística das Rías Baixas

Encontro na adega Martín Códax.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, puxo en valor o enoturismo como un dos principais atractivos das Rías Baixas durante un encontro celebrado nas Bodegas Martín Códax de Cambados.

O acto reuniu profesionais do sector turístico das provincias de Pontevedra e Huelva, nunha viaxe institucional organizada pola Deputación de Huelva para presentar a súa oferta turística.

Luis López deu a benvida á deputada de Turismo onubense, Ana Delgado, e ao resto da delegación andaluza, destacando os vínculos históricos e naturais que unen ambas provincias.

Subliñou a tradición marítima común, lembrando que “se a Baiona arribou a carabela Pinta co descubrimento do novo mundo, do porto de Paus partiu a expedición de Cristóbal Colón cara a América”.

Tamén fixo referencia a recursos naturais como Doñana e as Illas Atlánticas, e ao carácter acolledor de ambos destinos: “E, por suposto, falamos de dous destinos acolledores, aos que os visitantes chegan polos nosos atractivos, pero sempre volven porque reciben un trato de primeira”.

O presidente agradeceu á Deputación de Huelva a elección das Rías Baixas para esta presentación e eloxiou o papel de Bodegas Martín Códax como “embaixador de luxo” da provincia.

Tamén fixo fincapé na aposta da Deputación de Pontevedra por promocionar o destino en outros territorios, con accións en cidades como Málaga, Madrid ou Londres, e incluso en eventos como o Congreso Internacional da Camelia en Xapón.

Luis López destacou a aposta por un turismo descentralizado e desestacionalizado, no que sobresae a enoloxía. Reivindicou o valor dos viños da denominación Rías Baixas e a súa capacidade para ofrecer “experiencias únicas”. Xunto ao enoturismo, salientou outros atractivos como a ruta da camelia, o Camiño de Santiago, o termalismo ou os castelos de Soutomaior e Sobroso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información