O Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) presentou os detalles de O Encontro Sober 2026: Diálogos Rural e Industria, que reunirá a máis de 400 profesionais os próximos 7 e 8 de maio no Áurea Palacio de Sober.
A organización deseñou un formato de “think tank” transversal estruturado en 15 mesas de diálogo. O obxectivo desta metodoloxía é romper os compartimentos estancos e sentar nun mesmo panel a perfís que habitualmente non coinciden: desde grandes fondos de financiamento e multinacionais, ata cooperativas gandeiras, startups tecnolóxicas e administracións públicas.
“O Encontro é, ante todo, un espazo aberto onde Galicia conecta consigo mesma. Aquí non sobra ninguén e ninguén vén impoñer un relato: vimos construílo xuntos. Sentamos á universidade, á empresa e ao territorio para pensar o futuro con ambición e activar o inmenso potencial que xa temos”, explica Venancio Salcines, presidente do Consello Reitor de CESUGA.
O programa desta edición, articulado baixo o lema “Galicia que soña, Galicia que avanza”, poñerá sobre a mesa as problemáticas máis urxentes e as solucións máis innovadoras para o territorio a través dos seus verdadeiros protagonistas.
Destaca a mesa “Sen substitución non hai soberanía alimentaria: mocidade, muller e futuro do rural”, que analizará o papel das novas xeracións coas voces de Leticia Míguez de Gandería Míguez; Begoña Ferreiro, responsable de Campo de Grupo Lence; José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega; e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias da Xunta de Galicia, José Balseiros; moderados pola xornalista Ana Peón (CRTVG).
A excelencia do territorio non só se debaterá, senón que tamén se saboreará
Doutra banda, o reto habitacional e de servizos para fixar poboación abordarase en “Construíndo futuro: Vivenda, infraestruturas e servizos crave para o rural galego”, unha mesa que sentará ao eurodeputado Adrián Vázquez xunto a directivos como Diego Incio, CEO de Dest People, e Fernando Riopa, director xeneral de Cobre Santo Rafael.
O programa integra un forte respaldo institucional para trazar estratexias conxuntas. José González, conselleiro de Emprego da Xunta de Galicia, clausurará as xornadas, mentres que Luisa Piñeiro, directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, liderará unha sesión monográfica sobre o motor madeireiro. Ademais, Nicolás Vázquez, secretario xeral de Industria, protagonizará un exclusivo almorzo executivo.
Para aterrar toda esta estratexia na economía real, o foro deseñou espazos onde a administración e a gran distribución séntanse, literalmente, cara a cara co sector primario. É o caso da mesa “Coidar a contorna, cultivar o futuro”, que reunirá a María José Gómez, conselleira do Medio Rural; Jorge Eiroa, director de Compras de Vegalsa-Eroski; Román Sánchez, coordinador da Cooperativa A Carqueixa (Tenreira Galega Suprema); Juan Luis Méndez, director xeneral de ViniGalicia; e Gloria Fernández, directora de Galega de Patacas, baixo a moderación da xornalista Marta Docampo. A eles sumaranse perfís tecnolóxicos disruptivos que están a cambiar o campo, como Elio López (INNOGANDO) e Lara Neira (NIGAL).
A excelencia do territorio non só se debaterá, senón que tamén se saboreará. Na súa aposta pola posta en valor do territorio, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) ofrecerá unha degustación exclusiva para visibilizar o impacto económico e a calidade dos produtos con Denominación de Orixe e IXP de Galicia.
Todos estes nomes, que representan o pulso vivo da comunidade, únense ao músculo das grandes compañías tractoras que impulsan o evento (como ENCE, Acciona Enerxía, Grupo Lence ou Cobre Santo Rafael) e ao esperado seminario de intelixencia corporativa que impartirá o día 6 de maio Fulton Armstrong, ex alto cargo da CIA.
As inscricións para profesionais e empresas que desexen sumarse a este diálogo transformador xa se atopan abertas a través da páxina web oficial de O Encontro.
Galego









Control OJD