BCS desenvolveu unha xornada de campo nos viñedos de Rías Baixas, en colaboración co seu distribuidor da zona de Pontevedra 𝐓𝐚𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐒𝐢𝐭𝐨 𝐓𝐨𝐫𝐫𝐨𝐧, 𝐒.𝐋.𝐔.
Na xornada, os arredor de 40 asistentes puideron probar as últimas novidades da marca, como o 𝐅𝐢𝐠𝐡𝐭𝐞𝐫 𝟖𝟓 𝐒𝐃𝐓-𝐑𝐒, cunha distancia do asento ao chan de tan só 760 mm., ideal para pasar por teitos emparrados baixos. Ver como traballaba o Fighter 85 SDT-RS cun intercepas hidráulico dobre foi un dos aspectos mellor valorados polos asistentes.
Outro dos modelos probados foi o 𝐒𝐩𝐢𝐫𝐢𝐭 𝟕𝟎 𝐃𝐮𝐚𝐥𝐬𝐭𝐞𝐞𝐫®, con sistema de dobre xiro para desprazarse e facer cambios de fileira co menor número de manobras. Os viticultores destacaron o aforro de tempo que supón este sistema.
Outros modelos como o 𝐕𝐚𝐥𝐢𝐚𝐧𝐭 𝟔𝟎 𝐫𝐞𝐯𝐞𝐫𝐬𝐢𝐛𝐥𝐞 serviron para completar a mostra e ensinar a capacidade do traballo auxiliar coa plataforma de condución en posición reversible.
O evento pechouse cun refrixerio, acompañado de viños de Rías Baixas.