O crotal electrónico entra en vigor o 25 de xuño do 2025

Desde esa data, todos os animais nados nas granxas deberán incorporar identificación electrónica, a maiores da visual. O plan sanitario integral é tamén obrigatorio a partir de xuño do 2025, pero o veterinario de explotación pasa a ser voluntario

O crotal electrónico entra en vigor o 25 de xuño do 2025

Becerras con crotais electrónicos. / Arquivo.

O Consello de Ministros aprobou hoxe un real decreto que modifica distintas disposcións sobre a actividade gandeira. Entre as modificacións, introdúcense algúns dos compromisos adquiridos polo Goberno na táboa de 43 medidas para mellorar a situación de agricultores e gandeiros. Tralos aprazamentos da entrada en vigor este ano da identificación electrónica do gando e do plan sanitario integral, o Goberno establece novas datas para o 2025.

En paralelo, confírmase a retirada da obrigatoriedade de que as granxas nomeen un veterinario de explotación, tal e como comprometera o Ministerio de Agricultura con UPA e Unión de Uniones, se ben mantense a obrigatoriedade de que cada granxa teña un plan sanitario integral, que será obrigatorio a partir do 1 de xuño do 2025.

O plan sanitario integral terá que incluír visitas zoosanitarias periódicas dun veterinario, para facer un seguemento do plan sanitario, que deberá constar de tres partes fundamentais: programa de hixiene e bioseguridade, programa de controis sanitarios obrigatorios e seguemento do consumo de antibióticos.

Identificación electrónica
En cantó ó crotal electrónico, entrará en vigor a partir do 25 de xuño do 2025. Desde esa data, todos os animais nados nas explotacións deberán incorporar un crotal con chip, de xeito que haxa unha identificación visual e tamén electrónica dos animais.

O real decreto aprobado hoxe clarifica tamén distintos aspectos relativos á mobilidade dos animais nas granxas e ó seu acceso a un ambiente exterior.

Co aprazamento e flexibilización destas medidas, que en principio ían entrar en vigor no 2024, o Goberno considera que se deu resposta ás peticións dos gandeiros que se mobilizaron nos primeiros meses do ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información