O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) quere expresar a súa “fonda solidariedade con todas as persoas, familias e comunidades que nestes días están a sufrir as consecuencias dos graves incendios que arrasan aldeas, montes e cultivos da nosa terra”.
“Queremos recoñecer e agradecer de maneira especial o esforzo de todas as persoas e equipos que traballan sen descanso para conter as lapas e protexer o noso patrimonio natural, cultural e humano”, engaden dende o Craega.
Ademáis, lembra o “compromiso dos operadores ecolóxicos quen, día a día, co seu labor no medio rural e co seu esforzo pola produción ecolóxica, contribúen á preservación e coidado do territorio, hoxe especialmente ameazado”.
Ante esta situación, dende o Craega manifestan que “nos poñemos á disposición dos nosos asociados e asociadas que se viron ou se están a ver prexudicados polo lume, ofrecendo o noso acompañamento e apoio”.
A este respecto, informan de que “estamos a estudar diversas medidas que permitan prestar axuda aos asociados e asociadas afectados e colaborar, na medida do posible, para paliar os efectos desta catástrofe e contribuír á recuperación do noso rural”.
Galego









Control OJD