O vindeiro sábado, 7 de decembro, celébrase a XXI Festa da Pisa da Castaña do Courel. Será na aldea de Froxán, no concello de Folgoso do Courel, onde se desenvolva esta tradicional pisa que cada ano atrae a centos de visitantes.
Programa:
11:00 Acendido do sequeiro e explicación do proceso do secado
12:00 Demostración do Pisado e Abandoxado
13:30 Pregón a cargo do actor Xosé Barato
14:00 Xantar «menú do pisador»
16:00 Demostración de aserrado da madeira
16:30 Sorteo de agasallos
20:00 Fin da festa
Durante a xornada haberá música tradicional e baile, así como venda de artesanía e de produtos da zona. Tamén haberá carpas e servizo de pulpería e churrasco.
A Festa da Pisa da Castaña do Courel está organizada pola Asociación Fonte do Milagro, coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel.