O consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia abrangue o 2,5% do mercado cun gasto de 88 euros por persoa e ano

ENCONTRO PROECOGAL

Co apoio da Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (PROECOGAL) celebrou en Guitiriz o seu primeiro encontro. Un evento no que se quixo poñer en valor o impacto económico, social e ambiental que teñen este tipo de producións no agro galego.

O acto central foi a mesa redonda que compartiron as gandeiras Ana Corredoira e Isabelle Gómez, a influencer Nuska Chousa e a catedrática da USC Mar Pérez Fra. No debate -moderado polo presidente de PROECOGAL, Xabier Fernández- as participantes fixeron un chamamento aos consumidores para apostar polos alimentos ecolóxicos como mellor garantía para a saúde das persoas e do territorio.

O consumo de alimentos ecolóxicos aumentou en todo o planeta nun 40% nos últimos cinco anos. Europa é o segundo comprador a nivel mundial. Eso supón unha vantaxe para os produtores galegos pola proximidade dos mercados e pola cantidade de terra dispoñible, se ben é preciso artellar mecanismos para que esa terra se poña a producir.

As posibilidades do tecido produtivo ecolóxico galego vense reforzadas pola presenza de explotacións de carácter familiar e con persoas de idade menos avanzada que as que se atopan na agricultura convencional.

Con todo, os alimentos ecolóxicos só supoñen o 4% do total dos que se consumen no planeta. En España a porcentaxe sobe ata o 5% pero en Galicia cae ata o 2,5%. Hai, pois, moita marxe para o crecemento en Galicia e o sector ten que decidir se quere seguir indo a mercados reducidos e selectos ou dar o paso para producir e competir a gran escala.

Segundo cifras do Consello Regulacdor da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), o consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia sitúase en 88 por persoa e ano. As vendas en territorio galego situáronse no último exercicio en 113 millóns de euros. O problema é que os galegos seguimos a mercar produtos ecolóxicos de fóra de Galicia por valor de 124 millóns de euros.

Produtores, operadores e público en xeral participaron nun primeiro encontro aom que xa se lle dará continuidade

Produtores, operadores e público en xeral participaron nun primeiro encontro ao que xa se lle dará continuidade

No Día Mundial da Ecoloxía, máis de 20 produtores e entidades se deron cita nos pendellos do campo da feira de Parga para vender os seus produtos, intercambiar experiencias, informar os visitantes e explicar o seu labor.

Ademais dos postos dos produtores, houbo dúas exhibicións gastronómicos ao cargo dos cociñeiros Martín Mantilla e Begoña Vázquez, un taller de cestería con Lola Tourón e un obradoiro de ferrería por conta de Víctor Uriz.

Houbo tamén cantos de taberna do grupo Xermolos, xogos ancestrais da man do colectivo Hércules e un monólogo da actriz Marta Doviro. Jacobo Gómez exerceu de mestre de cerimonias dun evento que dende PROECOGAL califican de éxito e que xa pensan en repetir o vindeiro ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información