O consumidor español decántase cada vez máis por carne a menor prezo: Polo e porco en lugar de vacuno ou cordeiro

O consumidor español decántase cada vez máis por carne a menor prezo: Polo e porco en lugar de vacuno ou cordeiro

Nos fogares españois mercouse máis carne durante o 2023 e en concreto, máis carne de polo e de porco, segundo se extrae do último informe elaborado polo Ministerio de Agricultura sobre os hábitos de consumo no pasado ano. A compra de carne incrementouse nun 6% durante o 2023 e tamén aumentou a facturación (14%), debido a que o prezo medio da carne aumentou nun 7%.

A compra de carne segue a ser o alimento que máis gasto supón nos fogares, que destinan case o 20% do orzamento de alimentación e bebidas para a compra de carne. Así, cada español gastou 342 euros para mercar carne ó longo do ano e consumiu de media 41 quilos, algo máis de 2 quilos máis de carne por persoa en comparación co 2022.

O consumo de carne segue a ser maioritariamente de carne fresca (72%) e mesmo se incrementou un 8% con respecto do 2022. Máis do 25% da carne que se come nos fogares españois é transformada e apenas un 3% é conxelada, aínda que no último ano incrementouse a porcentaxe de carne conxelada nun 23%.

Cómese máis carne de polo e porco

O polo é a carne fresca que máis se consume nos fogares españois, xa que representa o 40%. Ademais, no último ano a demanda de carne de polo incrementouse nun 15%. Tamén segue a ser o tipo de carne fresca que máis medra en facturación, cun 21% con respecto do 2022.

Consumo carne fresca 2023

No último ano tamén gañou presenza nos fogares a carne de porco (+7%) e é a segunda carne que máis se consume (30%). A carne de vacún sitúase como o terceiro tipo con maior proporción de compras, pero xa se consume en moita menor cantidade, apenas representa un 13% da carne que se merca nos fogares españois. Aínda que se incrementou o seu consumo con respecto a 2022, este incremento foi só do 1,6% do volume. Galicia, xunto con Navarra, País Vasco, Castela León e Madrid son das comunidades onde máis carne fresca de vacún se consume e se merca.

Nos fogares consúmese cada vez menos carne de coello e año. No último ano, os españois mercaron un 7% menos de carne de coello e un 5% menos de carne de ovino ou caprino. Son carnes cun prezo superior, polo que se mantén maior proporción en valor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información