O Consello Regulador da DO. Valdeorras presenta o seu Plan Estratéxico de Promoción

As novas etiquetas de viño xenérico e as novas tirillas de seguridade, completan unha renovación integral da súa imaxe de marca

Publicidade

consello regulador valdeorras 24 plan estratexicoO Consello Regulador da D.O. Valdeorras presentou este venres 25 de outubro, o novo Plan Estratéxico de Promoción e o deseño das novas tirillas da Denominación de Orixe Valdeorras, que veñen a completar unha renovación integral da súa imaxe de marca.

Once meses transcurriron desde que o pasado 26 de novembro do 2023, a D.O. presentase a nova campaña “O godello é de Valdeorras, e agora tamén é teu”. Unha nova versión da web corporativa do Consello Regulador foi presentada a comezos do mes de outubro e, antes de concluilo, a D.O. presentou as novas etiquetas de viño xenérico que utiliza en diferentes eventos nos que participa, ademáis das novas tirillas de seguridade.

O deseño, que foi realizado pola empresa Bacigalupe Hermanos S.L., desenrolouse “dándolle continuidade ao actual, buscando unha imaxe máis moderna”. Así o explicou José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente da D.O. Valdeorras, quen apuntou ademáis que con él, quíxose aportar “a máxima seguridade”, coa intención de “dificultar a falsificación e o fraude”.

Plan Estratéxico Promocional

Durante os vindeiros tres anos nos que o Plan Estratéxico de Promoción levarase a cabo, o Consello Regulador realizará accións que conecten cos seus públicos máis relevantes, en mercados clave, “para amosar o que nos fai diferentes”, explicou Rodríguez Castellanos. O obxectivo, non é outro que “visibilizar e potenciar os atributos que fan diferente a nosa D.O.”, para así lograr posicionarse “como unha denominación de orixe de referencia” dentro e fora de España.

Jesús Álaba, Socio Director General de Eurogap, empresa responsable do desenvolvemento do Plan Estratéxico Promocional do Consello Regulador, indicou que “o plan que se desplegará durante os vindeiros tres anos, inclúe accións dirixidas a conectar cos públicos máis relevantes en mercados clave, mostrando a singularidade desta rexión. Cun enfoque na promoción dos seus viticultores innovadores, o patrimonio das súas tradicionais “covas” e a súa rica herdanza vitivinícola, Valdeorras busca reafirmarse coma un referente na elaboración de viños de calidade, cunha visión tanto cara o pasado como cara o futuro”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información